• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

Las fuerzas de seguridad han resuelto más de la mitad de los delitos denunciados

El subdelegado del Gobierno, Ramón Carballo, apuesta por mantener la colaboración entre todas las fuerzas policiales del municipio para “seguir mejorando en la prevención y en el esclarecimiento de hechos delictivos”.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Os asistentes á xunta local de seguridade fixeron unha análise global da situación delincuencial en Ribadeo que, atendendo aos datos correspondentes ao primeiro trimestre deste ano, se mantén practicamente nos mesmos niveis que no mesmo período de 2012. Neste senso, cómpre lembrar a reducción que naquel momento se apreciaba nos casos delictivos no municipio con respecto ao ano anterior. Ademais, segundo se puxo de manifesto na reunión de hoxe, as forzas de seguridade resolveron máis da metade dos delitos que se denunciaron neste municipio mariñano entre os meses de xaneiro e marzo. Colaboración policial e veciñal Os integrantes da Xunta de Seguridade de Ribadeo salientaron a estreita colaboración existente entre as diferentes forzas de seguridade con competencias no municipio e que se traduce  nunha mellora da coordinación e efectividade. Neste senso, o subdelegado do Goberno apostou por “continuar afondando nesa cooperación e traballo conxunto” co obxectivo de seguir mellorando “tanto na prevención de feitos delictivos como na resolución dos mesmos, que é algo fundamental”. Para avanzar tamén nese cometido, na reunión acordouse colaborar coa Policía Local nas medidas preventivas e disuasorias ante a posible comisión de feitos delictivos ou de actos vandálicos na zona. Así mesmo, Ramón Carballo indicou que as forzas de seguridade en Ribadeo poderán contar con reforzos en momentos puntuais e se así se estima necesario, sobre todo durante os meses de verán, cando a poboación no municipio experimenta un considerable aumento. O subdelegado do Goberno aproveitou tamén para convidar ao alcalde de Ribadeo a fomentar entre os veciños e visitantes a “cultura da denuncia” de xeito que se informe ás forzas e corpos de seguridade de calquera “actitude sospeitosa ou da presenza de persoas ou vehículos estranos en entornos non habituais”, xa que isto favorece unha maior axilidade nas intervencións policiais. Protección das vítimas de violencia de xénero Na reunión desta mañá aprobáronse tamén as bases do protocolo de colaboración entre os efectivos da Garda Civil e a Policía Local para o seguemento das vítimas de violencia de xénero en Ribadeo, dando así un paso máis para a posta en marcha deste acordo, ao que o Concello se adheriu na xunta de seguridade celebrada o día 6 de marzo do pasado ano. Este protocolo suporá a incorporación da Policía Local de Ribadeo na colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en todo o relativo á execución e seguemento das medidas xudiciais de protección que se impoñan en cada caso, buscando así favorecer a máxima protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar