• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Las familias de cinco centros educativos de Viveiro y Ribadeo pueden descargar la aplicación "Abalarmóbil"

Padres y madres del IES Vilar Ponte, IES María Sarmiento, CEIP de Covas, CEIP Plurilingüe Santa Rita e IES de Ribadeo ya pueden consultar las calificaciones, las faltas o solicitar una tutoría desde sus dispositivos móviles Esta aplicación simplifica el acceso a la información, ya que no se precisa de un certificado digital o de un DNI electrónico y de un ordenador con lector de tarjetas En las próximas semanas se implantará en otros 30 centros y, una vez este a pleno rendimiento, beneficiará a unos 500.000 padres y madres.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

Nos últimos cinco meses a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, triplicou o número de centros que poden dispoñer desta ferramenta do Proxecto Abalar. A implantación da aplicación arrancaba a finais de novembro en 11 centros piloto, o que implicaba a 4.500 familias. A día de hoxe abalarMóbil está dispoñible para preto das 14.000 familias do alumnado matriculado nos 35 centros piloto das 4 provincias galegas (16 da provincia da Coruña, 9 de Lugo, 4 de Ourense, 6 de Pontevedra; 16 centros que imparten educación primaria, e 19 institutos de educación secundaria). Nas vindeiras semanas outros 30 centros terán dispoñible a aplicación e o nos vindeiros meses ampliarase o alcance de abalarMóbil paulatinamente ao resto dos centros educativos. Cando estea plenamente funcionando en todos os centros educativos preto de 500.000 nais e pais se poderán beneficiar das vantaxes da aplicación. Funcionalidades As familias que descarguen a aplicación poderán consultar desde o seu dispositivo móbil as cualificacións dos seus fillos, solicitar unha cita de titoría, consultar e xustificar as faltas de asistencia, as faltas de conduta, os horarios e as materias, as  incidencias creadas polo profesorado así como os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo e modificar o idioma da aplicación AbalarMóbil pode descargarse dende o espazo da Xunta de Galicia nos markets Apple Store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). Na actualidade, preto de 3.250 usuarios descargaron a aplicación (preto de 2.700 en Android e máis de 550 en IOS) Acceso máis sinxelo AbalarMóbil traslada ás tablets e aos smartphones os servizos que as familias teñen no espazoAbalar. A principal vantaxe da nova ferramenta é que simplifica o acceso a estas funcionalidades, xa que o único requirimento para acceder á información é descargar a aplicación. O acceso desde un ordenador precisa dispoñer dun certificado dixital ou do DNI electrónico, que verifique a identidade do usuario. Coa nova aplicación só é necesario dispor dun teléfono móbil con conexión de datos e descargar a aplicación para poder acceder aos servizos de abalarMóbil. Proxecto Abalar O Proxecto Abalar, que se iniciaba no curso 2010/2011 ten como obxectivo transformar as aulas tradicionais en dixitais e mellorar a calidade do sistema educativo galega grazas a integración das TIC e coa implicación de toda a comunidade educativa. Neste curso, o equipamento de Abalar beneficia a 50.000 alumnos de 531 centros educativos. Outro dos eixos fundamentais do proxecto é o Repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, que ofrece a toda a comunidade educativa preto de 2.100 recursos dixitais libres, principalmente destinados a educación primaria (888), secundaria (565) e bacharelato (536), en 4 idiomas (galego - 1011, castelán - 668, inglés - 323, e francés - 77). Dende o Repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar téñense descargados preto de 3 millóns de contidos, 200.000 no último mes. Ademais, coa incorporación da práctica totalidade do currículo de bacharelato no espazoAbalar,  ponse a disposición da cidadanía, de forma totalmente gratuíta, preto de 40 materias completas e máis de 480 temas. Na mesma liña, a Consellería de Cultura e Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completaran, nas proximas semanas, a posta a disposición da cidadanía, no repositorio de contidos do espazoAbalar, do currículo completo de Educación Secundaria de Adultos . Neste sentido, acaban de publicarse as unidades do Ámbito Social, sumándose así ás do Ámbito de Comunicación da ESA publicadas en febreiro, que se completaran coa incorporación nas próximas semanas das unidades dos outros ámbitos. Cada unidade didáctica está estruturada nos apartados: apuntamentos, secuencias de contidos, resumo, exercicios de autoavaliación, glosario, bibliografía, etc; e elaborada en bloques coa ferramenta de autor eXelearning.  As unidades de cada ámbito pódense descargar de xeito conxunto e restaurar nunha aula virtual Moodle. O portal do proxecto, espazoAbalar, leva recibido preto de 2.500.000 visitas, 1.200.000 no último ano; con máis de 1.000 docentes, e 2.500 familias empregando esta web como canle de comunicación entre os centros e as familias

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE