• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

Las banderas azules ya lucen en las playas de A Marosa, Portelo y Ril

El alcalde, José María González Barcia, participo en el izado de las tres banderas y destacó el trabajo realizado por el personal que se ocupa del mantenimiento de los arenales, así como la colaboración de los usuarios para que las playas permanezcan limpias. El arenal de A Marosa cuenta con bandera azul desde el año 1993

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O alcalde, José Mª González Barcia,  contou que “ procedemos ao izado das tres bandeiras azuis concedidas por Adeac ao Concello de Burela para outras tantas praias: en concreto a da Marosa, que é a que dende hai máis tempo ten a bandeira azul; a de Portelo, que conta con ela desde 1999, aínda que a perdeu en 2003 e volveu recuperala ao ano seguinte; e a de Ril, que a tivo un ano e que a recupera agora”. Para o equipo de goberno “é unha satisfacción que as tres praias máis usadas polos veciños e veciñas do noso concello teñan as tres a bandeira azul, porque isto é un traballo que se ven facendo dende hai moitos anos por parte de moita xente e coa colaboración de moita xente. Sen dúbida ningunha que unha praia teña bandeira azul é un reclamo turístico de primeira magnitude e, por outra parte, significa que conta cuns servizos cunha calidade recoñecida”. O rexedor subliñou que “no caso das praias de Burela o servizo de socorrismo funciona xa dende o sábado pasado. Temos dez socorristas para cubrir as tres praias durante todo o verán, ata principios do mes de setembro. As praias están completamente listas para ser usadas polos cidadáns e polos visitantes: contan con duchas, algunhas delas repostas despois dos temporais; teñen servizos hixiénicos todas elas; este ano incorpórase unha novidade importante, que é que se teñen substituído as casetas dos socorristas de Portelo e Ril, as sombrillas están todas colocadas tamén, ao igual que tódolos colectores de recollida de lixo; e a limpeza estase facendo diariamente”. A concelleira de Medio Ambiente e Mar, Patricia López Eijo, lembrou que “o ano pasado compráronse esas dúas casetas, unha para O Portelo, que consta de dous baños (un deles para  minusválidos) ademais da zona para os socorristas, que ten taquillas, camilla… e outra para Ril onde prestan servizo os socorristas”. López Eijo subliñou que “isto suponnos un aforro de 1.500 euros, que era o que se pagaba polo aluguer das casetas e polos baños químicos que se colocaban en Portelo, e que agora están situados dentro da propia caseta desta praia. Tamén fixemos arranxos de fontanaría nos baños da praia da Marosa”. González Barcia indicou que “as praias están en perfectas condicións, máis aínda se cabe tendo en conta que Costas cumpriu co seu compromiso de ter arranxados os danos causados polos temporais a mediados do mes pasado. E iso foi así, polo tanto temos que recoñecerlle e agradecerlle a Costas o esforzo que fixo. Soamente dou un dato: na rexeneración do espigón da praia da Marosa téñense colocado 2.500 metros cúbicos de pedra, cun presuposto de 120.000 euros. Os paseos están todos en perfectas condicións e tense feito a limpeza da maleza nas tres praias”. E engadiu: “en conclusión, as praias de Burela, a partir de hoxe coa bandeira azul, locen máis aínda, se cabe. Polo tanto, temos que agradecerlle a todas as persoas do Concello implicadas no mantemento das praias e tamén aos usuarios a súa colaboración para que as praias estean limpas e que poidan contar un ano máis con bandeira azul. Este ano queremos que as praias estean en perfecto estado para poñer todo o que de nós dependa de cara a revalidar os tres galardóns bandeira azul para o próximo ano 2015”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar