• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | Vicepresidenta y asesor en la Diputación

Lara Méndez y Estúa cobran más que los seis miembros del gobierno local

La concejal del PP, Yolanda Pedreira, explicó que los salarios de la vicepresidenta de la Diputación, Lara Méndez, y del asesor del BNG en la Diputación, Xoán Antón Estúa, tienen más coste que la suma de lo que cobran los seis miembros del gobierno cervense por retribuciones y juntas de gobierno. Pedreira recomienda a los socialistas que se preocupen más por algunas partidas presupuestarias; por ejemplo,  la destinada al pago de una multa impuesta por la Diputación al Ayuntamiento.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A edil de Facenda e Emprego, Yolanda Pedreira, fixo hoxe un recordatorio aos grupos da oposición “aos que tanto lles gusta falar das retribucións do goberno de Cervo”. Pedreira explica que “a vicepresidenta da Deputación e o asesor do BNG na Deputación xuntos, ambos con responsabilidades políticas en Cervo, cobran máis que os seis membros do goberno local cervense que reciben as súas retribucións do Concello, con asistencia a Xuntas de Goberno incluídas”. A concelleira considera moi relevante “que só dúas persoas lle custen máis á Administración que o alcalde e cinco concelleiros de Cervo xuntos”. Pedreira tamén lle recomenda ao grupo municipal socialista que se preocupe por certas partidas dos orzamentos “das que eles son responsables directos” como a destinada a aboar a multa de 20.000 euros imposta pola Deputación ao Concello de Cervo pola colocación duns postes que permitirían dar subministro eléctrico a unha EDAR e, polo tanto, prestar un servizo básico. Durante o pleno celebrado esta semana sobre as reclamacións do BNG aos orzamentos “o PSOE pasou por alto esa partida no capítulo de gastos e que lle temos que agradecer en concreto aos dous cervenses con cargos na Deputación”. Ao mesmo tempo, Pedreira cualifica de “rechamante” que o PSOE cervense poña en cuestión os orzamentos “baseándose unicamente nas reclamacións presentadas polo BNG” e que “nin sequera se preocupasen de elaborar unhas propostas propias”. Unhas reclamacións nas que ademais “o señor asesor do BNG na Deputación non foi quen de facer nin o máis básico, como é cadrar as contas para que haxa os mesmos gastos que ingresos, algo tan primario que calquera responsable público debería sabelo dende que comeza a súa actividade política”. Precisamente ese era un dos erros que facían imposible aprobar as reclamacións nacionalistas, xa que se producía un desaxuste no orzamento con máis gastos que ingresos. Ademais, a delegada de Facenda e Emprego destaca que os socialistas “teñan tanta imaxinación como para chegar a inventar que a partida destinada a emprego baixa, cando en realidade crece nun 81%”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar