• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | El BNG pide un pronunciamiento de responsables del PPdeG

Lamentable que los alcaldes del PP estén más preocupados por el sueldo que por los vecinos

Los nacionalistas mariñanos, ante las últimas declaraciones de alcaldes populares sobre la ley de administración local, consideran “lamentable” su actuación, porque dicha ley no se ciñe a la reducción salarial a los alcaldes sino que limita el desarrollo económico y social de los ayuntamientos. El responsable comarcal del BNG, Antonio Veiga, pide a los responables del PPdeG un pronunciamiento sobre las declaraciones de regidores municipales dispuestos a dejar la política si les bajan el salario

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Mariña, Antonio Veiga, critica a actitude dos alcaldes do Partido Popular ante a reforma da administración local proposta polo Goberno do Estado que contempla a redución dos soldos dos rexedores municipais e pide aos dirixentes do Partido Popular de Galiza que aclaren se apoian as afirmacións dos alcaldes dispostos a deixar a actividade política se se lle toca o seu salario. Para Veiga estas ameazas dos alcaldes populares da Mariña son “lamentábeis e un insulto a todos os mariñáns, máis nun momento de forte recesión económica que está deixando a milleiros de desempregados na comarca, a familias con todos os seus membros en paro que non reciben ningunha axuda e a todos os traballadores que ven como diminúe a súa renda de traballo polos recortes salariais e medidas como a suba de impostos e o copago nos servizos públicos. Afirmar que un é alcalde porque permite manter un determinado nivel de vida e que se lle reducen o salario terá que cambiar de actividade porque non lle permitirá mantelo, é a confirmación de moitas sospeitas que alertaban, xa hai tempo, da falla de vontade de servizo público dos rexedores populares. Estamos ante declaracións indignas de representantes do pobo que deben pór os intereses dos cidadáns por riba dos intereses persoais”. Dende o Bloque insístese en que a reforma proposta polo Goberno central recolle modificacións de maior gravidade para os concellos que o soldos dos alcaldes, que deberían estar defendendo a xestión das entidades locais e estar demostrando o seu rexeitamento cara a ofensiva unificadora emprendida polo seu propio partido, que pretende baleirar de competencias aos concellos e dificultar a prestación de servizos públicos camiñando cara a súa privatización. Antonio Veiga conclúe que “o BNG seguirá denunciando a proposta de reforma en canto limita o desenvolvemento económico e social dos concellos, decreta o desequilibrio territorial consolidando veciños de primeira e de segunda atendendo ao concello no que vivan e intensifica as diferenzas entre o rural e o urbano, consolidando unha institución decimonónica como as deputacións. Oxalá víramos aos rexedores do Partido Popular defender a sanidade e a educación pública e rexeitar os recortes en servizos sociais coa intensidade coa que defenden os seus salario”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2