• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Viveiro |

El PP lamenta la pérdida de ayudas para contratar socorristas por la dejadez del gobierno local

Los populares vivarienses, curados de espanto, no dejan de sorprenderse ante las explicaciones de la alcaldesa, María Loureiro, referidas a la solicitud de socorristas donde se entendía que la culpa de no disponer de socorristas antes era de la Xunta de Galicia y de la poca dotación económica del fondo de cooperación. Unas declaraciones “peregrinas y que nadie puede creer” que demuestran, según el PP que cumple con sus palabras de la toma de posesión “continuar con la herencia recibida” culpando de todos los males a la Xunta de Galicia.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O certo é que Viveiro non vai contar con socorristas ó día 1 de xullo , porque aínda que os solicite estes días, hai uns plazos de tramitación que impedirán que os socorristas comencen o seu traballo na data sinalada. Este lamentable feito será só imputable á deixadez e á falta de dilixencia na xestión ó que nos teñen acostumados o equipo de goberno socialista, quen por non enviar, nin siquiera enviaron a xustificación da axuda do 2013, de ahí que non poideran telos solicitado por anticipado, tal e como si poden facer outros concellos veciños.. Polo tanto que a Sra. Alcadesa non lle bote a culpa a ninguén e que se adique a cumprir coa súa obriga que é a de xestionar, o mellor que se poida, servizos para os veciños e veciñas de Viveiro, e neste caso particular tamén llo agradecerán todos aqueles turistas que nos visiten na época estival e que de seguro se sentirán máis seguros nas nosas fermosas praias. Outro claro exemplo de deixadez temolo no feito de que Viveiro non solicitase a axuda para a contratación de persoal nas oficinas de turismo, unha axuda consistente en 8.000 € destinada a sufragar o persoal específico destas oficinas dende o mes de xuño ata outubro. Estas achegas están dispostas para manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios que contan coa declaración de municipios turísticos,tal e  como acontece no caso de Viveiro. Esta resolución do 4 de marzo de 2014 da Axencia de Turismo de Galicia publicouse no DOG do 13 de marzo, e o prazo de presentación foi dun mes,pero a bo seguro que aquí a culpa de non tela solicitada,  tamén foi da Xunta de Galicia por ter sacada esta mísera axuda. Si ben é certo que na oficina de turismo de Viveiro xa existe personal, non é menos certo que moitos viveirenses necesitan traballar e a Alcadesa en vez de facilitar un posto de traballo máis, adícase a perdelo a non facer absolutamente nada por acadar esta subvención. Este novo posto de traballo redundaría nunha mellora da oferta da oficina de turismo que estaría mellor cuberta,o que permitiría a súa apertura durante máis tempo, por exemplo os sábados, domingos e festivos. O  GPP de Viveiro seguiremos insistíndolle  á  Sra. Alcaldesa para que tente facer unha xestión racional e eficaz para os veciños de Viveiro, aínda que moito nos tememos que  será como  predicar no deserto, porque ata a data toda a axuda brindada dende o noso grupo foi sistematicamente rechazada.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar