• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Valadouro |

José Manuel Lamela, candidato de PP a la alcaldía, "serio y leal para terminar con el tripartito"

Los populares aseguran que O Valadouro merece una estabilidad política frente a la división, al caos y a los líos permanentes, que representa el tripartido “Incapaz de configurarse como alternativa” El presidente provincial del PP, José Manuel Barreiro, dijo “los populares no queremos pactos económicos ni mercaderes, queremos personas rigurosas y estables que sirvan a la ciudadanía”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 abr 2017

José Manuel Lamela, encabezará a candidatura do Partido Popular á Alcaldía de O Valadouro. Así o anunciou o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e do alcaldable. Barreiro manifestou que fronte ao espectáculo que está a protagonizar o tripartito, o Partido Popular presenta unha persoa seria, leal e estable para culminar o proxecto iniciado fai algo máis de tres anos, cando os veciños lle outorgaron a súa confianza e fixeron posible a vitoria electoral, convertendo á formación política popular na lista máis votada. Os populares aseguran que O Valadouro merece unha estabilidade política fronte á división, o caos e ás liortas permanentes, que representa o actual Goberno, “incapaz de configurarse como alternativa” . O presidente provincial lembrou que foi un pacto económico entre mercaderes o que privou a José Manuel Lamela de continuar servindo aos veciños; “un pacto ante notario e unha cláusula de 100.000 euros asinada entre PSOE e UDIVAL, coa total complicidade e apoio do BNG, foi o que en 2013 desaloxou da alcaldía á persoa que elixiron os cidadáns”.- manifestou Barreiro.   Pola súa banda, o recén presentado alcaldable, José Manuel Lamela manifestou que o pacto entre PSOE, UDIVAL e BNG está roto e manifestou que proba diso está en que na pasada sesión plenaria municipal  o nacionalistas e UDIVAL uniron os seus votos aos do PP para rexeitar os orzamentos para 2015. “En menos de ano e medio, este novo goberno xa se desfixo”- manifestou Lamela, quen non mostrou sorpresa e dixo que se viñan a confirmar as reiteradas afirmacións do PP. Dixo Lamela que o tripartito demostrou que dende que está no poder, O Valadouro nunca tivo un Goberno senón que demostrou ser un auténtico desgoberno. Lamentou que sexan os veciños os prexudicados e que teñan que soportar as continuas liortas e enfrontamentos deste desgoberno. BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA José Manuel Lamela naceu en O Valadouro en 1953. É un político cunha longa traxectoria na responsabilidade e xestión municipal. Dende o ano 1999 é concelleiro polo PP nesta localidade. Mestre Industrial, nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PP á alcaldía do Valadouro e, logo de obter este importante apoio veciñal foi elixido alcalde como cabeza da lista da formación política máis votada, responsabilidade que exerceu ata que tivo lugar a moción de censura.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar