• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Alfoz |

IpV apoya a los enfermos crónicos

La Agrupación vecinal IpV presentará una moción para solicitar que el Ayuntamiento asuma el gasto del copago farmacéutico para las personas con enfermedades crónicas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Cada medida tomada polo goberno central, e o asentimento e colaboración do goberno autonómico galego están a desbaratar un dos logros máis importantes da construción do estado de benestar: a sanidade pública, gratuíta e universal. A última das decisións é a implantación do copago farmacéutico de dispensación hospitalaria, afectando e penalizando ás persoas enfermas e de menor poder adquisitivo, acabando coa necesaria solidaridade e equidade do sistema sanitario público. Ademais, con esta nova imposición non se cumpre co obxectivo que di plantexarse, xa que por un lado supón un escaso aforro público, que a Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH) cifra nun 0,1% a nivel estatal da factura do gasto de farmacia hospitalaria; e por outro lado, trátase de medicamentos que están suxeitos a estritas indicacións en graves patoloxías, o que fai absurda a súa implantación, e por tanto, carecente de sentido recadatorio. No BOE recóllense pouco máis de 50 medicamentos, entre os que se inclúen fármacos para retrasar a progresión do cancro de mama avanzado como o ‘Afinitor’ ou o Tyverb’, para tratar o cancro de ril avanzado ou estendido a outros órganos como o ‘Votrient’; ou para o tratamento de tumores cerebrais como o ‘Temodal’. Ademais, outros tantos fármacos prescritos para a leucemia mieloide crónica, ou tratamento de tumores e/ou metástasicos, para artrite reumatoide, hepatite C crónica, entre outros. Varias autonomías xa mostraron a súa negativa a poñer en marcha a orde: Asturias, Aragón, Comunidade Valenciana e Extremadura uníronse ao País Vasco, Castela-León, Canarias e Andalucía anunciando que non implementarían o novo copago. Así, é necesario e prioritario dende a institución máis próxima aos cidadáns e cidadás, os concellos, que non permitan que os enfermos crónicos queden desasistidos do tratamento axeitado por cuestión económica e garantir o pago destes medicamentos. Por todo o exposto dende IpV imos propor os seguintes acordos na sesión plenaria: Dotación dun fondo económico de emerxencia no concello que asuma o custe dos medicamentos dos veciños e veciñas afectadas con enfermidades crónicas. Pedir ao goberno da Xunta de Galicia que paralice a resolución do 10 de setembro sobre o copago dos medicamentos de dispensación hospitalaria.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE