• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Reclaman una comisión mixta entre Consellería de Mar y secretarías de deportes y turismo

Instan a la Xunta a poner en valor el patrimonio, pesca deportiva y deportes náuticos para impulsar el turismo marinero

El portavoz de mar de Grupo Popular en el Parlamento Gallego, José Manuel Balseiro,  ha presentado esta iniciativa del PP a representantes de los principales agentes del sector pesquero en la Mariña lucense. Señala que aprovechar todo el potencial que para el turismo tiene el mar puede ser una medida efectiva en la lucha contra la crisis y para obtener nuevas oportunidades de empleo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 28 may 2017

Balseiro sinala que o camiño a seguir neste ámbito pasa pola potenciación de tres aspectos: Primeiro,a posta en valor dos recursos patrimoniais e culturais do mar en Galicia, segundo, a integración da pesca deportiva en compatibilidade coa actividade extractiva profesional e finalmente, a potenciación das actividades náuticas. No encontro participaron patróns maiores das confrarías de pescadores lucenses e represantes das directivas dos principais Clubs Náuticos da comarca, que puideron realizar as súas achegas e suxestións para o impulso do turismo mariñeiro, cada quen no seu ámbito de influencia. Tamén estiveron presentes no encontro o deputado popular Vidal Martínez-Sierra, a portavoz na Deputación provincial, Elena Candia e os alcaldes de Foz e Barreiros, Javier Jorge Castiñeira e Alfonso Fuente. Balseiro explicoulles que a proposta do PPdeG busca a creación dunha comisión mixta que se integre de forma activa na redacción e posterior execución desta plan e na que, polo menos, participen: a Secretaría Xeral de Deportes, a Secretaría Xeral de Turismo e os departamentos que correspondan dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar (entre eles Portos de Galicia) e tendo en conta a transversalidade dos programas a desenvolver. EFECTIVO NA LOITA CONTRA A CRISE O Grupo Parlamentario Popular defende que resulta imprescindible aproveitar todo o potencial que para o turismo ten o mar, desenvolvendo a súa faceta cultural e etnográfica e potenciando a visión do medio mariño como punto de desenvolvemento de actividades de lecer e, de xeito especial agora que, a situación de crise obriga e esixe dos poderes públicos a adopción de medidas efectivas e eficientes que axuden a paliar os seus efectos e a reducir o desemprego. REFERENTE TURÍSTICO DE PRIMEIRA ORDE Balseiro Orol quixo lembrar que en Galicia a amplitude dos labores relacionados co mar deixaron un amplo pouso patrimonial e cultural, alén dun ronsel etnográfico que se converte hoxe en día nun referente e atractivo turístico de primeira orde.  “Poñer en valor o inxente volume de recursos patrimoniais, etnográficos, paisaxísticos e biolóxicos, pode servir de complemento ideal á actividade económica marítimo–pesqueira e incluso, constituír unha fonte de ingresos suplementaria para os profesionais do mar, para as entidades asociativas do sector e tamén para as localidades costeiras”- indicou. Neste mesma liña, o deputado sinala que “o desenvolvemento de actividades de ocio e lecer no medio mariño son outro elemento de dinamización e complementación económica a ter en conta”. No tocante aos deportes náuticos xa existe un ambicioso proxecto que serve como folla de ruta, a través do Plan Estratéxico da Náutica Recreativa de Galicia 2012-2020. E no relativo á pesca deportiva cómpre desenvolver un corpo normativo específico para esta actividade, velando pola sustentabilidade e compativilidade coa actividade profesional.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE