También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo | Era un compromiso del Gobierno Gallego

El inicio de los trámites para declarar la fábrica de Sargadelos como BIC demuestra la sensibilidad de la Xunta con el complejo

El alcalde de Cervo, Alfonso Villares, manifestó su alegrías al conocer la publicación enn el DOG y asegura que con este nivel de protección se garantiza su conservación y su puesta en valor.

De 

O rexedor asegura que “estes trámites demostran a sensibilidade e o interese da Xunta por preservar un complexo dun grande valor non só arquitectónico, senón tamén industrial, histórico, cultural e cunha forte compoñente identitaria”. Villares considera que o obxectivo da Xunta de protexer este complexo baixo o réxime de BIC “garantirá a súa conservación e ao tempo a súa posta en valor e divulgación como un centro que revolucionou a arte e a industrial galega do século XX”.   Aínda así, o rexedor recoñece que a incoación “non foi unha sorpresa”, xa que a declaración da fábrica como BIC “era un compromiso da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que agora se ve materializado” e explica que “tan só coa publicación do inicio do procedemento no DOG a fábrica xa queda protexida”. Villares aproveitou para agradecer ao Goberno autonómico “que fixese posible a denominación de Ben de Interese Cultural para unha factoría que se cimentou na combinación da tradición e da modernidade”. O mandatario cervense destaca que esta é tamén “unha moi boa noticia para Cervo, porque o pasado, o presente e o futuro deste concello estiveron ligados a Sargadelos dende a fundación das antigas fábricas por parte de Raimundo Ibáñez, hoxe en día Complexo Histórico-Artístico. A partir dese momento, a unión deste pobo coa cerámica de Sargadelos e coa fábrica foise forxando ata ser unha parte indivisible de nós”.  O rexedor manifesta que “dentro e fóra das paredes da fábrica atopamos a pegada de dous persoeiros que marcaron un antes e un despois no mundo da creación cerámica e da arte galega”, referíndose a Díaz Pardo e Seoane. Villares lembra que a figura e o traballo de Isaac Díaz Pardo fora recoñecido polo Concello de Cervo co nomeamento de fillo adoptivo no 2011, unha distinción que el mesmo recibiu en vida. “Tanto os veciños como todos os galegos temos moito que agradecerlle a este ilustre cervense de adopción que foi quen de concibir e deseñar a maior parte dos edificios que hoxe conforman a fábrica de Sargadelos entre outros moitos méritos” remata o primeiro edil.

Lo más visto