• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Informarán a la población de Xove y Cervo sobre los planes de emergencia para incidencias del embalse de Río Covo y depósito de lodos de ALCOA

La delegada de la Xunta, Raquel Arias, ha presidido una sesión de trabajo encaminada en la puesta en marcha del operativo, que contempla medidas de alarma y difusión entre los vecinos de las instrucciones a seguir en caso de riesgo por posibles incidentes en la presa de Río Covo o en el depósito de lodos rojos de ALCOA. En la implantación del programa participan los ayuntamientos implicados, la Xunta y la empresa

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A delegada territorial, Raquel Arias,  presidiu unha sesión de traballo encamiñada á implantación dos plans de emerxencias para a presa do río Covo e o depósito de lodos vermellos que a empresa Alcoa utiliza nos concellos de Cervo e Xove. A delegada subliñou que nos últimos meses houbo unha estreita colaboración entre a empresa e os servizos de emerxencia da Xunta, que “durante este tempo ofreceron apoio técnico para a redaccións dos plans de actuación municipais, determinaron os puntos de encontro en caso de evacuación ou informaron a todos os axentes implicados de como actuar en caso de accidente”. Os plans de emerxencia determinan as accións a adoptar no suposto de que se produza unha emerxencia derivada dunha incidencia no depósito de barros vermellos ou na presa do río Covo e o dique de Collado, que afectarían en caso de rotura aos núcleos de San Ciprián (Cervo) e Xove respectivamente. A delegada territorial sinalou que “aínda que o risco de que iso se produza é moi reducido, é precisa a implantación e difusión entre a poboación destes plans de emerxencia para minimizar os efectos dun accidente chegado o caso”. Así, Alcoa instalou nas zonas de afección sirenas de aviso á poboación, que se activarán en caso de rotura das infraestruturas sinaladas. Nos vindeiros días deseñarase a campaña de información aos veciños e veciñas sobre as medidas de autoprotección que deben adoptar no caso de que se active o plan de emerxencia. Na xuntanza de hoxe participaron tamén os alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro, responsables da multinacional, así como representantes dos servizos de Protección Civil e de Prevención e Análise de Riscos, ambos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Previamente, técnicos de Protección Civil e de Augas de Galicia inspeccionaron as instalacións de río Covo e Xove para comprobar unha vez máis a idoneidade dos plans elaborados.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE