También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

El Hospital da Costa lidera la puesta en marcha de un protocolo de rodilla

La puesta en marcha de este protocolo supondrá una importante mejora en la atención de los ciudadanos, al acortar tiempos de espera, favorecer una valoración más ágil y menos desplazamientos al hospital. Los médicos de atención primaria podrán solicitar directamente las resonancias magnéticas de aquellos pacientes con una posible patología de rodilla, evitando así consultas y viajes innecesarios al hospital. De forma experimental, este nuevo procedimiento comenzará a funcionar en un centro de salud de A Mariña, aun por determinar, para extenderse, posteriormente, al resto de la provincia lugués.

O Servizo de Traumatoloxía do Hospital da Costa lidera a posta en marcha dun protocolo de xeonllo, que suporá unha importante mellora na atención dos cidadáns, ao acurtar tempos de espera, e favorecer unha valoración máis áxil e con menos desprazamentos ao hospital. A posta en marcha deste protocolo, permitirá que os médicos de atención primaria podan solicitar directamente as resonancias magnéticas daqueles pacientes cunha posible patoloxía de xeonllo, evitando así consultas e viaxes innecesarios ao hospital. De forma experimental, este novo procedemento comezará a funcionar nun centro de saúde de A Mariña, aínda por determinar, para estenderse, posteriormente, ao resto da provincia luguesa. A Xerencia de Xestión Integrada destaca que este tipo de proxectos son posibles grazas ao pulo dado á integración asistencial, que trata de aproveitar e difundir as áreas de coñecemento de maior calidade en cada centro para que poidan beneficiar ao paciente. De feito, estes protocolos procuran aproveitar a excelente preparación dos médicos de atención primaria, permitíndolles solicitar probas de alto nivel tecnolóxico, que ata o de agora se pedían dende o hospital. Este é o segundo protocolo que se pon en marcha na provincia de Lugo, despois de que o Hospital Universitario Lucus Augusti implantara hai uns meses un protocolo de lumbalxia, que xa se está a estender ao resto da provincia, ao igual que acontecerá con este protocolo de xeonllo, que vai liderar o Hospital da Costa, e que servirá de base para desenvolvelo no resto de centros da provincia. O doutor Luis Montero, especialista do Servizo de Traumatoloxía do Hospital da Costa, destaca a importancia da posta en marcha deste proxecto, posto que ata o de agora “un 60 por cento dos pacientes chegan ao especialista sen ningún estudo previo da súa lesión de xeonllo”. Por iso, explica que “este protocolo mellorará a comunicación entre o médico de atención primaria e o especialista en traumatoloxía, co obxectivo de acurtar tempos de espera e favorecer a valoración do paciente en todos os tramos da evolución da patoloxía”. Para facilitar o labor do médico de familia, un grupo de traballo, dirixido polo doutor Luis Montero, elaborou a “Guía da dor de xeonllo”, un manual onde se recollen os principios básicos da exploración física, os estudos complementarios e radiolóxicos necesarios e os tratamentos. Exploración física e estudos complementarios Na exploración física, o médico recompila información directamente do paciente que chega á consulta queixándose de dor no xeonllo. Recónllense datos de perfil persoal e antecedentes, xa que o paciente tipo con dores de xeonllo é unha persoa maior de 55 anos, con problemas dexenerativos, como a artrose. Localízase tamén a dor e a súa tipoloxía para distinguir entre dor difusa, onde destacan os reumatismos de artrose e artrite, a dor localizada na liña articular, por exemplo, no menisco, ou situada nunha zona delimitada e diferente á liña articular, como a bursite (inflamación dunhas bolsiñas que se chaman bursas) e a tendinite. Ademais, na exploración do médico valorará a intensidade da dor para diferenciar as causas inflamatorias e a existencia de traumatismo, ben sexa roturas de menisco ou de ligamentos cruzados colaterais. Ante unha lesión de xeonllo, o seguinte paso que pode seguir o médico de atención primaria é solicitar os estudos complementarios –analíticas de sangue e ouriños e de líquido sinovial-. E a continuación, pode solicitar estudos radiolóxicos, como a radioloxía simple, que se debería realizar sempre antes da derivación á consulta hospitalaria. Nesta liña de mellora da atención aos usuarios da área sanitaria de A Mariña, o Servizo Galego de Saúde vai actualizar o equipamento radiolóxico dos centros de saúde de Viveiro e Ribadeo, que, a pesar de ser centros de saúde, contan con área de radiodiagnóstico propia. Así, instalaranse monitores dixitais, que mellorarán o visionado das radiografías por parte dos especialistas do Hospital da Costa. Resonancias Ademais das radiografías convencionais, outra das probas indicadas para diagnosticar unha lesión de xeonllo é a resonancia. O protocolo de xeonllo permitirá que, nos casos nos que o considere oportuno, os médicos de atención primaria podan solicitar directamente estudos de RNM para acurtar os períodos de espera do paciente e evitarlle consultas e viaxes innecesarios ao hospital, previos á petición desta proba por parte dun especialista en Traumatoloxía. Así, mentras o paciente agarda ser valorado polo traumatólogo, xa estará tramitada a solicitude da resonancia, e unha vez que vaia a consulta levar xa a proba feita.  Tamén se poderán solicitar ecografías. O Servizo de Traumatoloxía do Hospital da Costa, que liderará a implantación deste protocolo, conta con profesionais de gran experiencia, que lles permitirá dirixir este proxecto piloto e elaborar os procedementos necesarios para a súa estensión ao resto da provincia.   

Lo más visto