• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Galicia |

No hay acuerdo entre Xunta y FEGAMP sobre el canon de SOGAMA

La Federación de Municipios mantiene su rechazo al incremento del 34% previsto para el 2014 y de la libertad de acción a los ayuntamientos

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A Comisión Executiva da Fegamp lamentou, durante a súa reunión mensual, que non se puidese alcanzar un novo acordo para negociar coa Xunta a subida prevista do canon de Sogama, que será dun 34% a partir do próximo 1 de marzo. O presidente da Federación e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, expuxo á Executiva o labor de interlocución coa Xunta realizada por segunda vez para abordar esta cuestión, despois da solicitude exposta por un grupo de alcaldes de Lugo e Ourense nas últimas semanas. Segundo trasladou Rey Varela tras os contactos coa Consellería de Medio Ambiente, o actual contexto normativo do sector enerxético estatal e as previsións dun novo regulamento aínda máis restritivo e lesivo para os intereses de Sogama imposibilitaban abrir unha negociación para modular a subida prevista para o 1 de marzo. Na súa exposición, Rey Varela detallou que ante as dificultades do escenario “nin tan sequera é posible recuperar o preacordo alcanzado en novembro para atrasar a subida ao 1 de xullo e limitala ao 17% no conxunto do ano”, medida que foi rexeitada por diferenzas na Executiva e que impediu a súa aplicación. A Comisión Executiva rexeitou, cos votos dos alcaldes do PPdeG, a petición de PSdeG e BNG para que a Fegamp interpuxese un recurso xudicial ao incremento do canon por parte de Sogama. Segundo manifestou José Manuel Rey, “os concellos teñen liberdade de acción para tomar as decisións que consideren oportunas no exercicio da súa autonomía local”, aínda que a Federación manterase á marxe “ao volver existir posicións diversas no seu seo”. No entanto, si se ratificou unha vez máis a postura contraria da Federación a esta subida, “coa que ningún alcalde está de acordo nas actuais circunstancias”, incidiu Rey Varela, quen lembrou que a Fegamp “nunca avalou esta subida” nin sequera “cando negociamos en novembro a medida paliativa do atraso ao 1 de xullo”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar