• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo |

Hablan de una mala situación económica cuando las cuentas reflejan un remanente de tesorería superior a 1,4 millones de euros

En el pleno de hoy donde se tratará la cuenta general del Ayuntamiento durante el 2012 el PP muestra su repulsa a la aprobación de unas cuentas que no reflejan la “imagen fiel” de la situación municipal que pone de manifiesto el bipartito cuando alardea de una mala situación económica de las arcas municipales. El Grupo Popular denuncia que, pese al elevado gasto invertido para actualizar la contabilidad, los resultados de la liquidación de los presupuestos vuelven a dejar en evidencia la credibilidad de los documentos elaborados

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Partido Popular de Mondoñedo amosa a súa repulsa a aprobación dunhas contas municipais de “dubidosa credibilidade”, xa que de novo a liquidación dos orzamentos, neste caso para a anualidade 2012, presentan un remanente de tesourería de 1.420.585 euros, unha vez descontado un saldo de difícil cobro que ascende aos 272.908 euros.  Así, o remanente total, é dicir, o saldo que permite coñecer, ao final do exercicio, a solvencia ou capacidade económica que ten unha administración para afrontar as súas débedas, é de 1.683.495,58 euros. Ante estes datos, a voceira do PP no Concello de Mondoñedo, Elena Candia, manifesta o seu desconcerto ante esta situación que unha vez máis “poñen en dúbida as afirmacións públicas dun goberno local que alardea en todos os medios de comunicación e espazos públicos da mala situación económica que presentan as arcas municipais do concello de Mondoñedo”. Segundo explica Candia,  o seu grupo repulsa a aprobación dunha contas “caóticas” que non reflexan a “imaxe fiel” da situación municipal que pon de manifesto o bipartito. Elevado custe investido na actualización da contabilidade municipal Elena Candia lembra que mentres outros concellos elaboran a contabilidade con medios propios, o bipartito leva gastado, segundo datos do PP, máis de 40.000 euros primeiro na contratación dunha empresa externa para a actualización da contabilidade; máis de 30.000 euros aboados pola Deputación o ano pasado para a contratación dunha persoa, ao que se lle suma a aprobación de novo convenio coa administración provincial para o mesmo fin e coa mesma contía para a presenta anualidade; xunto a facturas aboadas por outras empresas. A popular asegura que “o que si provoca perplexidade” é que logo dun gasto superior aos 12 millóns de pesetas, a contabilidade siga sen actualizar, e o resultado desproporcionado de remanente de tesourería deixa de novo en evidencia a credibilidade dos documentos elaborados ata o momento. Asemade, os populares lamentan que a estas alturas o concello de Mondoñedo non dispoña duns orzamentos elaborados para o ano 2013. Incumprimento da lei Os populares explican que se está ante documentos públicos e de non reflexar a realidade, esta contabilidade incumpre a lei, en concreto o artigo 205 da Lei Reguladora de Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo).

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE