También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Parlamento |

El Grupo Popular ha presentado una proposición de urgencia sobre la sanidad en la Mariña

Los populares han presentado una proposición no de ley para su debate en comisión por el procedimiento de urgencia. Urgencia que viene justificada por la necesidad de conocer las previsiones y repercusiones prácticas de la aplicación de un modelo de gestión integrada en las áreas sanitarias de la provincia de Lugo.

Nos últimos días a Xunta de Galicia vén de confirmar a intención da Consellería de Sanidade de impulsar a xestión integrada na provincia de Lugo ao obxecto de coordinar as tres áreas sanitarias actualmente existentes: A Mariña (Cervo-Burela), Centro e Sur (Monforte). A devandita decisión vén de xerar certa polémica por canto hai quen asegura que este novo modelo de coordinación prexudicaría aos hospitais de Burela e de Monforte e incluso podería dar lugar á perda de determinadas unidades, servizos ou consultas nestes centros hospitalarios. Pola contra desde o Sergas está a subliñarse que o modelo de xestión integrada pretende potenciar a coordinación entre os diferentes niveis asistenciais –o que reforzaría as competencias dos actuais xerentes executivos destas áreas- mantendo o mesmo mapa sanitario, garantindo unha mellor prestación médica e incluso abrindo a porta a contar con novos servizos o que evitaría desprazamentos ata o HULA. No caso concreto do Hospital da Costa existe, ademais, o compromiso ratificado polo Presidente da Xunta, de impulsar o proxecto construtivo de ampliación deste centro hospitalario coa intención de melloralo e dar resposta as novas necesidades asistencias dos veciños desta comarca, logo de 27 anos de funcionamento deste hospital. Polo exposto con anterioridade, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión. “O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia, a: 1. Garantir a continuidade dos servizos, unidades e consultas existentes no Hospital da Costa de Burela e incluso desenvolver cantas xestións e esforzos sexan necesarios para incrementalos e potenciar a súa calidade asistencial. 2. Manter o actual mapa sanitario do Sistema Público de Saúde na provincia de Lugo de tal xeito que se manteña a área sanitaria da Mariña (Cervo-Burela) e incluso reforzala de tal xeito que o xerente executivo desta área teña baixo a súa responsabilidade non só o centro hospitalario senón tamén os centros de atención primaria da área. 3. Levar adiante de inmediato a ampliación do Hospital da Costa, co fin de adaptalo á actual demanda asistencial, á mellor prestación para os pacientes e á realización do traballo dos profesionais con seguridade e calidade”.