• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Un grupo de 25 escolares de la capital conocen hábitos pesqueros a través del programa "mariñeiros por un día" en el puerto de Celeiro

La delegada territorial, Raquel Arias, se desplazó al puerto de Celeiro, Viveiro, para participar con los alumnos del Centro de Educación Especial Santa María, en una jornada del programa “Mariñeiros por un día”. El objetivo es divulgar la cultura y las costumbres pesqueras y dar a conocer las principales especies comercializadas en la Mariña de Lugo. El programa surge de la colaboración de la Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo, Porto de Celeiro y la Real Liga Naval Española, junto con la Consellería de Cultura y Educación El patrocinio es del Grupo de Acción Costeira, La Caixa y el Restaurante Louzao.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O programa neste ano, que cumpre a súa segunda edición, conseguiu achegar ata o momento a máis de 200 escolares da provincia lucense á actividade pesqueira que se desenvolve neste peirao de Viveiro. A delegada territorial destacou o dobre obxectivo da campaña xa que, “á vez que divulga a cultura e os costumes propios dunha das actividades económicas máis importantes da Mariña, como é a pesca, da a coñecer as principais especies comercializadas nesta comarca e todo o proceso que hai detrás da posta á venda dos produtos pesqueiros”. A máxima representante do Executivo galego na provincia recordou que esta iniciativa está aberta á participación de todos aqueles centros que o soliciten. Cómpre lembrar que na primeira edición do programa participaron 700 estudantes de toda a provincia. Neste sentido, felicitou ao centro educativo lucense, dende o que se desprazaron tamén unha ducia de membros do corpo de persoal para participar na actividade, e estivo coas rapazas e rapaces na visita guiada á aula da confraría, na que os escolares puideron coñecer varias especies pesqueiras, artes de pesca e nós mariñeiros Arias significou que o programa de actividades que se desenvolve en Celeiro “resulta completo para os rapaces”, xa que na mesma visita poden coñecer o proceso de subasta na lonxa, a equipación dun barco, con toda a súa carga tecnolóxica (sonar, radar, GPS, sonda...) e mesmo poden ver o operativo de salvamento que ten base no peirao celeirense co helicóptero Pesca-II. A delegada da Xunta subliñou tamén “o alcance desta campaña”, e apuntou que a idea “é ir achegando aos rapaces do interior as características e a transcendencia do sector pesqueiro, que posúe  gran relevancia socioeconómica na comunidade, e en especial, nesta comarca de Lugo”. Colaboración O proxecto está impulsado pola Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro e a Real Liga Naval Española e Porto de Celeiro, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e vai dirixido a alumnos do último ciclo de Primaria e os primeiros cursos de Secundaria. Arias gabou aos tres entes que impulsaron este programa en colaboración coa Consellería, porque se trata “dunha iniciativa que promove o acercamento a usos e costumes que forman parte da cultura e da sociedade desta zona”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Reproducir
Directo Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Escuchar