• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | Quieren conocer las previsiones para su finalización

El GPP pregunta por la concentración parcelaria de Sasdónigas

Los diputados mariñanos, Vidal Martínez-Sierra y José Manuel Balseiro, han registrado una iniciativa en el Parlamento Gallego para conocer las medidas de la Xunta de cara a seguir  impulsando una concentración parcelaria que lleva 45 años de tramitación y ha sido desbloqueada por el actual gobierno del PP La Consellería de Medio Rural y del Mar debe explicar las previsiones que tiene para la finalización de los trámites pendientes, más en concreto, con el amojonamiento de las nuevas parcelas resultantes.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Na exposición de motivos da pregunta parlamentaria, os deputados lembran que esta concentración parcelaria acumula máis de 45 anos de tramitación e non foi ata a chegada do PP ao Goberno da Xunta cando todo este proceso puido ser desbloqueado, logo de superar as dificultades existentes fundamentalmente relacionadas coa necesidade de dispor do preceptivo informe de impacto ambiental e de salvagardar o Camiño de Santiago, que discorre pola zona. MÁIS DE 625 HECTÁREAS Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra queren coñecer as previsións da Consellería do Medio Rural e do Mar para o remate dos trámites pendentes e, máis en concreto, o amolloamento das novas parcelas resultantes. De feito a concentración parcelaria de Sasdónigas ten unha superficie que ascende a 625,58 hectáreas, cun total 3.513 parcelas e 252 propietarios e logo da execución do proxecto o obxectivo é pasar a 609 fincas, e aumentar a superficie media da parcela dos 1.781 m2 antes da concentración aos 10.272 m2 resultantes finais. A concentración parcelaria de Sasdónigas inclúe as parcelas adicadas a labradío, prado e monte con este mesmo nome cos límites seguintes: Norte parroquia de Os Remedios (Mondoñedo), Sur parroquia de Galgao (Abadín), Leste parroquia de San Vicente de Trigás (Mondoñedo) e Oeste parroquia de Quende (Abadín) CORRIXIR A FRAGMENTACIÓN DA PROPIEDADE Os deputados populares sinalan que a histórica fragmentación da propiedade da terra en Galicia dificultou o crecemento das explotacións agrarias, a utilización de maquinaria e o óptimo aproveitamento da superficie. Co propósito de combater esta situación e conseguir unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas e forestais de cada zona desde a Xunta de Galicia están a impulsarse os procesos de concentración parcelaria en distintas partes do territorio. Precisamente este obxectivo é hoxe unha das prioridades da Consellería do Medio Rural e do Mar nesta nova lexislatura.    

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar