También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela | Ocuparían los locales municipales junto al parque de Tíjola

González Barcia estudia trasladar el Centro de Formación Ocupacional para aumentar la capacidad operativa

Representantes del Gobierno Local han acompañado al alcalde en una visita a los locales que tienen en libres, con la intención de ver la posibilidad del traslado de Centro de Formación a unas instalaciones más amplias. La decisión del traslado se tomará durante este mes, una vez analizados los pros y contras del cambio.

De 

González Barcia manifestou que “o equipo de goberno estase plantexando unha reestruturación dos servizos municipais. A Casa do Concello está xa saturada e non se pode albergar ningún servizo máis, pero o traslado de Capitanía á súa nova sede permítenos poder ocupar esas dependencias con todos os servizos que temos nos locais do Parque de Tíjola e aproximalos á Casa do Concello, e poder pensar seriamente en aumentar a capacidade operativa do Centro de Formación Ocupacional se o trasladamos de Suafonte a Tíjola”. Nestes momentos, nas dependencias de Tíjola están ubicados os servizos municipais de Medio Ambiente, incluída a parte administrativa da Aula de Educación Ambiental GAIA; os servizos de fomento de emprego e orientación laboral; EXPOMAR e a antena da Cámara de Comercio. Segundo o alcalde burelés, “nestes momentos, o Centro de Formación Ocupacional  xa ten limitacións de espazo. E este servizo é fundamental para o Concello, máxime na situación na que vivimos que nos obriga a formar profesionalmente ás persoas desempregadas”. González Barcia manifestou que “a adecuación dos locais sería relativamente doada e con pouco investimento, pero permitiríamos gañar en operatividade dado que temos máis superficie e comodidade”. Pola súa parte, o concelleiro de Emprego, José Casas Martínez, confirmou que “xa temos realizado un estudio sobre a adecuación dos locais, que pasarían pola construción dun baño adaptado a discapacitados e a colocación de dous ou tres tabiques móbiles”. Casas Martínez indicou que “de feito xa nos puxemos en contacto coa Delegación Territorial da Xunta en Lugo para trasladarlle as nosas intencións e ver as posibilidades de homologación que terían os novos locais. Non hai que esquecer que os locais actuais do Centro de Formación Ocupacional están homologados, pero os cambios normativos e as maiores esixencias xa nos dan problemas á hora de organizar e impartir algúns cursos”.

Lo más visto