También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela | El regidor dice "no saben ejercer su derecho a manifestarse"

González Barcia califica de "lamentable" la actuación de los participantes en la manifestación del sábado

El alcalde de Burela, José María González Barcia, calificó de “lamentable” lo ocurrido el sábado durante la concentración que hubo en las inmediaciones de la Casa de Cultura, donde el PP celebraba su congreso provincial. El regidor critica el comportamiento de grupos violentos que “no saben ejercer el derecho a manifestarse”

De 

O PP tiña convocado o seu congreso, os afiliados e simpatizantes do PP teñen todo o dereito do mundo a reunirse cando e onde o consideren oportuno e os convocantes da concentración teñen todo o dereito do mundo a manifestarse”. O alcalde burelés indicou que “nesa concentración había xente que foi de boa fe e seguramente moitos deles quedarían satisfeitos co anuncio realizado polo presidente da Xunta durante o congreso do PP, de que se vai a sacar a licitación a redacción do proxecto de construción da ampliación do Hospital da Costa. O que xa non é de recibo é o comportamento de grupos violentos que non saben exercer o dereito a manifestarse, usando o insulto, usando as ameazas, etcétera e iso, como alcalde de Burela, rexéitoo frontalmente e rexeito a participación neses actos daquelas persoas que non van de boa fe, senón que incitan a que iso aconteza”. O rexedor considera que “fraco favor lle fixeron os convocantes desta concentración á economía de Burela, porque a economía local o sábado resentiuse polo comportamento destes grupos que pretenden conseguir nas rúas o que non gañaron nas urnas. Queren impoñer o seu criterio cando resulta que cando hai eleccións a xente lles da as costas”. José Mª González Barcia subliñou que “o presidente da Xunta é o presidente que hai 135 días acadou unha amplísima maioría, que está totalmente lexitimado polo apoio dos cidadáns galegos para gobernar e, desde o meu punto de vista, está cumprindo os compromisos que el adoptou no seu momento con respecto ao Hospital da Costa”. O rexedor sinalou que “os cidadáns que o sábado acudiron a esa concentración movidos pola boa fe e en conxunto os veciños desta comarca, especialmente os de Burela, teñen que saber que boa parte dos grupos convocantes durante os anos da Xunta bipartita estiveron calados e apesebrados porque estaban á sombra do poder do PSOE e do BNG. Tendo en conta que a Xunta bipartita, e isto está documentado, quería integrar A Mariña na área sanitaria de Ferrol, eu fágome unha pregunta: ¿qué é o que cambiou desde daquela? Desde aquel momento non cambiou nada, a área sanitaria da Mariña segue como está e por enriba temos un anuncio do presidente da Xunta de que se vai licitar a redacción do proxecto de construción da ampliación do Hospital da Costa”. González Barcia insiste en que “aqueles grupos convocantes da concentración do sábado, que estiveron calados durante os anos de goberno do bipartito porque por aquel entonces tamén era precisa a ampliación do hospital, pero eles calaban porque estaban ao servizo dos partidos gobernantes na Xunta, non están lexitimados para dicirlle á Xunta que preside Núñez Feijoo qué o que ten que facer. Pídolles que recapaciten, que fagan as súas demandas con claridade, non vaia ser o demo que se estean a confundir intereses particulares ou de certos colectivos co interese xeral. Si é así deben aclaralo”. O alcalde pídelles publicamente explicacións a sindicatos e partidos políticos, convocantes da concentración do sábado: “quero que expliquen si hai algún motivo que lles afecte a eles como membros dos seus colectivos e si intentan solapalos cos intereses do conxunto da cidadanía desta comarca. Os intereses dos mariñáns pasan por ter máis e mellores servizos no Hospital da Costa, non pasan por outra cousa”. O alcalde de Burela engadiu que “a defensa de calquera outros intereses que non sexan os colectivos non entra dentro da política do PP nin do equipo de goberno do noso Concello. Nós buscamos a defensa dos intereses de todos os cidadáns e nese sentido imos seguir traballando. Espero e confío que cando haxa outra concentración se saiban gardar as formas e respectar ás persoas que non comparten eses criterios sexan os que sexan e que non se perxudique á economía dun concello coma o de Burela. E estou completamente seguro de que o sábado puido ter un reforzo económico importante, pero tendo en conta o que pasou e por culpa de quen pasou ese reforzo económico non se puido producir”.

Lo más visto