• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

González Barcia busca financiación en Madrid para Expomar 2015

El alcalde, José María González Barcia, se ha reunido en la capital de España con el director general de industrias alimentarias, Fernando José Burgaz, con el objetivo de buscar vías de colaboración y financiamiento para la próxima edición de la feria Expomar, que tendrá lugar en el 2015. El responsable municipal valoró positivamente la reunión.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O rexedor explicou que “na mañá de hoxe, e na sede do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, mantivemos unha reunión co director xeral de Industrias Alimentarias, Fernando Burgaz Moreno, para ver as vías de cooperación e colaboración entre o Ministerio de Agricultura e a Fundación Expomar de cara á celebración da feira náutico-pesqueira do mesmo nome, que terá lugar en maio do vindeiro ano 2015. A entrevista creo que foi positiva, porque efectivamente se mostrou disposición por parte do director xeral de colaborar coa Fundación Expomar e de apoiar a feira para o próximo ano. Sempre dentro dunhas canles que eles van ver agora para saber cales son as máis axeitadas para o propio Ministerio, de cara a buscar esa colaboración que todos pretendemos”. González Barcia destacou que “persoalmente eu teño que agradecerlle ao secretario xeral de Pesca do Ministerio, Andrés Hermida, a súa boa disposición para que a colaboración entre o Ministerio e a Fundación Expomar vaia por bo camiño. Na reunión de hoxe acordamos que persoal da propia Dirección Xeral de Industrias Alimentarias se poña en contacto coa Fundación Expomar para falar sobre as características, programa, e demais, que vai ter a feira. E así, establecer uns vehículos de colaboración que ben poden pasar por unha achega económica de forma directa, ou ben pola colocación ou patrocinio de stands, que sen dúbida algunha repercutirían beneficiosamente na feira”. O alcalde de Burela afirmou que “coa reunión de hoxe xa temos abertos dous camiños de colaboración, un coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar, e outro co goberno do Estado a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente,e n concreto, coa Dirección Xeral de Industrias Alimentarias. Penso que con este apoio institucional, organizativo e de carácter económico, a feira pode resultar un éxito”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo