• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

El gobierno provincial del PP pone en conocimiento de la fiscalía irregularidades en la gestión del anterior presidente

Los populares han hecho públicas las circunstancias apreciadas en el expediente de las obras en el edificio de la UNED en la capital de la provincia. Obra adjudicada por  959.684,88 euros y un presupuesto final de más de dos millones de euros. Para los socialistas se trata de una rabieta de desesperación de Candia ante el desalojo del sillón presidencial dentro de tres días. Con  este tipo de actuaciones el PP deja bien claro que no están a la altura de gobernar una institución como la Diputación.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 10 abr 2017

O voceiro da Deputación de Lugo, Carlos Armesto, explicou hoxe que o Goberno provincial decidiu enviar o expediente das obras do complexo do Miño para destinalo a Sede do Centro Asociado da Uned en Lugo ao Ministerio Fiscal, tras detectar múltiples irregularidades na xestión que Besteiro fixo sobre esta obra. Os populares destaparon anomalías no procedemento administrativo, incumprimentos no prazo de execución das obras, falta de xustificación á hora de adxudicar os traballos e incluso un desproporcionado desfase orzamentario do 110%. O voceiro do Goberno asegura que á vista deste expediente “queda acreditada a nefasta xestión que o líder dos socialistas fixo dos recursos públicos de todos os lucenses mentres estivo á fronte da Deputación” Armesto explica que o Goberno popular remitirá un escrito a este Ministerio Público para poñer no seu coñecemento todos os datos e documentación que obran no seu poder a fin de que, se o considera oportuno, e a vista dos feitos e consideracións nel contidas, practique as dilixencias de investigación que estime necesarias sempre na defensa da legalidade. O voceiro dos populares lembra que os socialistas deixaron unha obra, cuxo proceso deixa entrever importantes dúbidas, con irregularidades administrativas, variacións orzamentarias, e na que non cumpriron cos prazos establecidos.  Falta de claridade no proceso de adxudicación O voceiro dos populares xa fixera públicas importantes anomalías detectadas no procedemento administrativo da obra, na que se deu un proceso de contratación “escuro e en cuxo expediente falta documentación”. Así, exclúense empresas do procedemento de selección sen motivar a causa desta exclusión ata o punto de que existe unha dilixencia na cal se manifesta que unha oferta foi aberta e pechada posteriormente con celo. Ademais, á vista da documentación que obra no expediente, a empresa adxudicataria non presentou nin a relación de medios materiais, nin persoais, nin plan de traballo, nin prazo de execución a pesar de que o informe técnico valora estes termos. Incluso, a unha das empresas presentadas ao proceso non se lle valoraron as  melloras, o que a leva a deixar de ser a oferta máis vantaxosa. De igual xeito, o prego de condicións non establece cantos puntos se poden obter por cada criterio nin como se reparten os puntos e o que si establece é que deben formar parte do contrato o prego, a fianza definitiva, o plan de traballo e as melloras ofertadas e na copia do expediente non se anexa ningún deste documentos. Anomalías administrativas Armesto tamén lembra que o contrato se adxudicou fóra do prazo máximo que establece a lei, ao igual que o proxecto. A empresa adxudicataria presentou ata un total de tres proxectos (novembro de 2011, marzo de 2012 e agosto de 2013). Neste senso, hai que ter en conta que se o primeiro proxecto foi o que serviu de base ás autorizacións e despois executouse o do ano 2013, polo que pódese considerar incluso un incumprimento da autorización sectorial e polo tanto da licenza. Ademais, prazos de ampliación da execución da obra propostos e aprobados non están claros. De todos xeitos, coa última data de finalización do prazo de execución da obra quedaban sen executar o 45,82% da obra, pese a tratarse dun expediente que se apertura en maio de 2011. As sospeitas, segundo recorda o voceiro dos populares, tamén se aprecian nunha “clara manipulación orzamentaria en nun desfase presupuestario desproporcionado dun 110%, alterando cifras para dar unha impresión de total normalidade. Deste xeito, unha obra que se adxudicou por un importe de 959.684,88 euros, e tras a presentación de tres proxectos, o último deles é o dobre do orzamento inicial (2.022.139,10 euros).  No expediente non queda clara a motivación deste desfase orzamentario”.     El Grupo Socialista ha hecho un comunicado para responder a estas últimas manifestaciones del portavoz de los populares en el ente provincial y para puntualizar asuntos relacionados con la adjudicación de las obras por el expresidente de la Diputación, José Ramón Gómez Besteiro. 1.- Candia participou na mesa de contratación das obras da UNED e nunca presentou alegación algún sobre esta adxudicación. Se observa presuntas irregularidades, por que non o fixo? 2.- Candia ten no seu poder o expediente de contratación destas obras, posto que así lle lo facilitaron hai meses os traballadores da Deputación. Nunca preguntou dúbida algunha nin pediu informes aos técnicos provinciais. Tampouco o fixo aos propios representantes do Padroado da UNED, posto que nin tan sequera participou na comisión de seguimento destas obras á que estaba convocada. Con todo, agora asegura ter dúbidas e, nun exercicio de total irresponsabilidade, non as aclara nin cos técnicos provinciais, nin cos da Universidade, nin cos membros do Padroado da UNED, senón que ás remite ao Ministerio Fiscal. É evidente que o seu único obxectivo é xudicializar a vida administrativa e política, aínda que isto supoña frear a posta en marcha na capital luguesa do centro de referencia da Universidade Nacional a Distancia no noroeste de España. Non ten límites. 3.- Candia non distingue o prazo de execución das obras da finalización do contrato, é dicir, do remate da relación contractual coa empresa. Esta conclúe cando as obras son certificadas, recibidas e liquidadas con todas as garantías de que os traballos foron executados na súa totalidade para poder devolver á adxudicataria a fianza depositada. Para que isto se produza aínda queda un prazo de 1 ano. 4.- Tal e como debería saber Candia, a UNED elaborou un ambicioso anteproxecto cunha valoración inicial de case 1 millón de euros. En base a este anteproxecto, seguindo as indicacións dos técnicos e da Universidade, contando con todos os informes favorables e axustándose rigorosamente á legalidade, foise elaborando un proxecto final, no que se incluíron novas actuacións para cumprir, non só a normativa vixente, senón coas características establecidas no anteproxecto e, deste xeito, construír no antigo Hotel Miño o centro referencial da UNED no noroeste do país. Isto, evidentemente, supuxo o incremento do custo destes traballos. Algúns exemplos das obras incorporadas a posteriori son os traballos de urbanización de máis de 2.000 metros cadrados para habilitar o aparcadoiro (hoxe en terra para o que é necesario aglomerar ou sinalizar); así como as obras de potenciación da rede eléctrica, entre outras moitas actuacións. 5.- Tal e como tamén debería saber Candia, para poder iniciar as obras foi necesario contar con todos os permisos legais necesarios das administracións implicadas: Concello de Lugo, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Xunta de Galicia. Precisamente, foi a Xunta de Galicia, gobernada polos compañeiros do PP de Candia, os que tardaron máis de 2 anos en conceder os seus permisos, retrasando a posta en marcha destes traballos.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo