También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo | Villares explicó que la Diputación es la única que puede evitar la construcción

El gobierno cervense ha escuchado las inquietudes de la asociación Cruz da Venta sobre la parcela anexa al Museo del Mar

Alfonso Villares asegura que la única opción para que nos e construya un edificio de cinco plantas es que la Diputación compre al finca, las demás opciones “o son ilegales u obligan a indemnizar a los dueños”. El regidor recuerda que en el 2005 PP, PSOE y BNG habían pedido al ente provincial que compase la parcela; ahora el PP sigue reclamando lo mismo “BNG prefiere olvidar que fue el mismo quien impulsó la moción” Villares considera que la oposición está optando por “embarrar este tema y por ocultar una verdad que no le interesa”

De 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e os edís José Ramón Soto e Pilar Armada reuníronse cos membros da directiva da asociación veciñal Cruz da Venta que preside José Luis Sariego co obxectivo de abordar a situación actual da parcela situada detrás do Museo do Mar. Na xuntanza, solicitada pola propia asociación, a directiva transmitiulle ao Concello a súa preocupación pola posibilidade de que os propietarios cheguen a construír un edificio de cinco plantas neses terreos e o seu desexo de que se materialice a ampliación da instalación museística. A este respecto, Villares explicoulles que só existe unha forma de evitar a construción do bloque de vivendas: “A única saída é que a Deputación merque os terreos. Todas as demais opcións son ou ilegais ou implican unha indemnización aos propietarios”. O rexedor asegura que “nin sequera a aprobación do PXOM facilitaría as cousas, porque todos os cambios que se fagan na finca obrigan a indemnizar aos donos”. Tampouco era viable non aprobar o estudo de detalle “porque era a nosa obriga como Concello” e non sacalo adiante tería sido “irregular e, polo tanto, implicaría tamén unha indemnización aos donos”. “Que é preferible? Gastar os cartos públicos en indemnizacións, ou mercar a parcela directamente?” pregúntase Villares, que considera que “a resposta é de sentido común e a pregunta resólvese soa”. O primeiro edil cre que “a oposición está embarrando moito porque a verdade non interesa a quen no seu momento pedía a berros que a Deputación asumira a súa responsabilidade co museo”.   O mandatario cervense lembra que “no 2005 PP, PSOE e BNG aprobamos unha moción proposta por Estúa para que a Deputación mercase os terreos. Estabamos todos de acordo. Que cambiou agora?”. Villares di que “nós seguimos pedindo o mesmo, pero ao BNG xa non lle interesa o que tanto reclamaba no 2005”. O alcalde destaca a importancia de que a veciñanza teña claro que “non hai outra forma de impedir o edificio. A solución só está en mans da Deputación, ninguén máis a ten. Só teñen que mercar os terreos, facelos seus, e ampliar o Museo que eles mesmos xestionan”.

Lo más visto