También en directo
Ahora en vídeo
Cervo |

El GMS pide a Villares que reclame de la Xunta el pago de los GES desde 2013

Los socialistas señalan que la administración autonómica “tiene sin ingresar la cantidad del 2013 y bloqueado el anticipo de 2014” por lo tanto desde el ayuntamiento deben exigir una explicación de la Xunta de Galicia y que esta asuma de inmediato el pago de las cantidades adeudadas. Desde el PSOE dicen que Villares “debería encabezar la reclamación como alcalde y como vicepresidente de la FEGAMP” al igual que en su día ha responsabilizado a la Diputación Provincial “a pesar de ser la única ue iene los deberes hechos”

De 

Os socialistas de Cervo piden ó alcalde que reclame á Xunta de Galicia o pagamento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES), pois “ten sen pagar parte de 2013 e  mantén bloqueado o anticipo do ano 2014. O seu retraso supón unha dificultade maior para o concello sabendo que lle corresponde o 60% do financiamento total deste servizo, o 40% restante repártese de maneira equitativa entre a Deputación e o Concello”. Consideran que Alfonso Villares, como alcalde e vicepresidente da FEGAMP, debería estar encabezando esta reclamación á Xunta de Galicia, “ó igual que a principios de maio responsabilizaba á Deputación do atraso neste mesmo asunto, a pesares de que o organismo provincial xa ten cumprido coas súas obrigas, mantén tódolos trámites ó día e ingresou ós concellos todo o que lle permite a lei polo de agora”. Dende o Grupo Municipal Socialista botan en falta “a mesma actitude do alcalde á hora de recriminar responsabilidades a unha ou outra administración. O retraso do pago dos GES dos seus compañeiros da Xunta afecta directamente ó noso concello que está a asumir este gasto, e non ten por qué facelo así”. Os socialistas piden que dende o goberno de Cervo se esixa á administración autonómica que “aclaren os motivos polos que aínda non efectuou este pagamento e que o asuma de maneira inmediata xa que estes efectivos desempeñan unha labor imprescindible durante os meses de verán”.

Lo más visto