También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

La gestión integrada permitirá mejorar la asistencia sanitaria evitando esperas y desplazamientos

El director de Asistencia Sanitaria, Félix Ruibal, ha explicado en la comisiónde sanidad que el modelo de gestión integrada, que se va a implantar en Lugo, tiene como único propósito mejora la atención sanitaria que se presta alos ciudadanos. Los pacientes tendrán una respuesta asistencial adecuada en tiempo y lugar, sin obstáculos, sin repetición de pruebas, y, además, sin tener que acudir a diferentes servicios con las consiguientes esperas de por medio. La Junta de Personal del Área Sanitaria de la Mariña se adhiere a la convocatoria “Abraza o teu hospital”

De 

Félix Rubial destacou que a xestión integrada trata de transformar o modelo asistencial actual por outro que vai ter por liñas mestras a promoción da saúde, a prevención, a abordaxe da cronicidade, a autoxestión e o autocoidado da enfermidade. A tal efecto, implantaranse medidas que aseguren a continuidade asistencial aproveitando as vantaxes que ofrecen as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, para achegar os servizos aos cidadáns. Ademais dos pacientes, tamén os profesionais vénse beneficiados con este modelo xa que terán maiores posibilidades de desenvolvemento, así como unha maior motivación e satisfacción. Así mesmo, poténciase o papel da atención primaria e dos hospitais comarcais, xa que tanto os centros de saúde como hospitais comarcais aumentarán a súa capacidade de resolución, e poderán atender procesos de maior complexidade dándolles capacidade para resolver “máis e mellor” os problemas de saúde dos cidadáns. Aos hospitais comarcais corresponderalles a xestión unitaria dos recursos, dos traballadores e materiais do seu ámbito territorial, así como das prestacións e programas sanitarios. Segundo o director de Asistencia Sanitaria do Sergas este modelo “achega os servizos aos cidadáns, non modifica o mapa territorial, senón que dota de estruturas de xestión que permitan mellorar e modernizar o funcionamento do sistema sanitario público de Galicia, tamén nas áreas dos hospitais comarcais”.   Reunida hoxe a Xunta de Persoal da Area Sanitaria Norte de Lugo decídese por unanimidade de tódolos seus membros, a Adhesión á MANIFESTACIÓN- ABRAZA O TEU HOSPITAL, convocada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña ESIXINDO un a publicación dun Decreto de Xestión propio para a Área da Mariña e, en contra das pretensións da Consellería de Sanidade de baleirar de autonomía ao Hospital da Costa, deixándoo sen capacidade de Xestión e de DECISIÓN,  desmantelando o conseguido durante 27 anos e destruíndo o Patrimonio Sanitario de todas e tódolos cidadáns da  Mariña. A Sanidade Coida de nos, e agora pídenos que Coidemos dela, por iso facemos un chamamento a todos os traballadores e traballadoras da nosa Área Sanitaria a participar na convocatoria de SOS que terá lugar este sábado día 23 as 12.30 horas no Hospital da Costa de Burela.  

Lo más visto