También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela |

GAIA realiza tareas de seguimiento y valoración de la campaña de compostaje iniciada en el mes de mayo

El Centro de Educación Medioambiental Gaia, en colaboración con el Ayuntamiento de Burela y la Mancomunidad de Municipios de la Mariña, puso en marcha una campaña de compostaje donde repartió 46 composteros entre vecinos, centros educativos y diferentes asociaciones.

Agora, cinco meses despois, varias monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia están a facer un seguimento aos adxudicatarios de estes composteiros para valorar  o éxito da iniciativa. Os centros educativos CEIP Vista Alegre e CEIP Virxe do Carme, a Fundación Eu Son e Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña foron xunto a varios veciños de Burela, os elixidos para participar dende o pasado 17 de maio nesta campaña de compostaxe que agora chega ao seu momento de análise. Os usuarios, que puideron recoller os seus composteiros na praza de Abastos municipal, teñen que responder estes días ás preguntas que as monitoras do Centro Gaia lles están a formular sobre a situación do material prestado, a frecuencia do seu uso e a temperatura e textura que obtiveron nos resultados finais. Así mesmo, estas monitoras tamén están a prestar axuda para resolver tódalas dúbidas que os usuarios plantexan sobre o proceso de compostaxe. Dende o Concello de Burela recordan que “case a metade do lixo que se xera nos fogares está formado por materia orgánica que acaba en colectores convencionais, nos que tamén se depositan materiais non reciclables. Por iso, defenden a posta en marcha desta campaña coa que pretenden concienciar e reducir o volume global dos residuos producidos mediante a reciclaxe de materia orgánica en orixe, minimizando ao mesmo tempo o uso excesivo de fertilizantes químicos”.

Lo más visto