• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

FOZ | Organizan charlas en todas la parroquias para explicar el PGOM

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Concello de Foz organizará charlas en todas as parroquias para que os técnicos urbanísticos municipais expliquen aos veciños como afectará o PXOM a cada zona. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, advirte que algúns grupos políticos están alarmando á poboación con informacións inexactas sobre o plan xeral. Sobre o documento que está exposto ao público dende o día 15 de este mes o rexedor municipal anunciou hoxe que “dende o Concello de Foz a primeiros de novembro vamos facer unha serie de charlas informativas por todas as parroquias posto que vemos interesante que os técnicos municipais sexan os que de forma obxectiva expliquen o plan xeral e a afección que vai ter nas diferentes zonas. Queremos que sexan os técnicos os que dean esa información, posto que algúns grupos políticos pretenden dar datos nesgados e inexactos sobre este asunto tan importante.” Javier Castiñeira recomenda aos veciños que “deben dirixirse ao Concello e falar cos técnicos municipais, que son obxectivos e coñecen o plan e o urbanismo, para preguntarlles e ver en que situación queda a súa edificación ou terreo. Para informarse ben a xente debe acudir ás oficinas municipais ou ben esperar a novembro, cando os técnicos municipais pasarán polas diferentes parroquias para explicalo”. “Estamos vendo que moita xente está sendo mal informada por algún grupo político intencionadamente, xa que de forma alarmista está dicindo cousas que non son correctas. Ademais non teñen coñecemento do que é un plan xeral e parece ilóxico que alguén que non ten nin idea deste tema se poña a explicalo de forma completamente neglixente. Por iso dende o Concello dígolles aos veciños que acudan aos técnicos municipais, que para iso están, e se non que vaian as diferentes charlas informativas nas parroquias que vai organizar o Concello para explicar a situación na que queda cada zona”, manifestou o alcalde. Para rematar Castiñeira pide aos grupos políticos “seriedade e responsabilidade á hora de abordar este asunto no que a xente ten bastante descoñecemento e os grupos políticos o que debemos é axudarlles e non dar informacións que non se parecen para nada á realidade”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar