• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

FOZ | Mañana martes presentarán en la Casa de Cultura un vídeo promocional de la Fiesta Normanda; se trata de edición limitada.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Mañá, 30 de abril, ás 20:30 horas na Casa da Cultura focense terá lugar a presentación do vídeo promocional da Festa Normanda, segundo anunciaba esta mañá a concelleira Mercedes González Alonso. A edil popular explicou que “o vídeo gravouse na segunda edición desta festa, celebrada o ano pasado, cun montón de imaxes do desenvolvemento desta cita. O vídeo foi gravado por HB Visual e reflicte o carácter popular da festa, con moito rigor histórico e o que queremos é promocionar esta festa e que chegue ao maior número de lugares posible para que veñan coñecer a historia do noso pobo, que se remonta ao alto medievo”. Mercedes González convida a todos os que desexen ver este vídeo a que acudan mañá, martes, á Casa da Cultura. “Trátase dunha edición limitada, van ser 500 unidades, e empezaremos a vendelas xa, para afrontar o custe da elaboración do propio vídeo e para recadar fondos para financiar a Festa Normanda. O único financiamento que temos é a través da súa promoción e de patrocinios”. Os vídeos poranse á venda na Casa da Cultura, no Cenima,  na Casa da Xuventude e en todas as dependencias municipais. O prezo será de 6 euros.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar