También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

FOZ | El grupo independiente UNIFOZ pide al alcalde que convoque, con carácter de urgencia, una junta de portavoces con técnicos municipales y posteriormente un pleno para estudiar el proyecto de la Autovía Barreiros-San Ciprián.

De 

Vista a publicación no BOE do 23 de febreiro do anuncio da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia sobre a Resolución da Secretaría do Estado de I. e Transportes, pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o Estudo Informativo de clave El-1-LU07, “AUTOVÍA DE CONEXIÓN ENTRE SAN CIBRAO E BARREIROS”. Tendo en conta as reclamacións presentadas pola Corporación, así como por algúns colectivos, de forma especial na Parroquia de San Martiño, queremos se estude si foron atendidas as reclamacións presentadas no seu día, e en caso contrario, convocar un pleno Extraordinario para presentar recurso potestativo si fora o caso. Ao mesmo tempo, temos que recordarlle ao Sr Castiñeira que cando se dirixa aos grupos da oposición chamándolles irresponsables,,, será mellor mire para o seu “embigo” , pois irresponsable é: -Irresponsable é ter en situación precaria o servizo de Axuda no fogar e reducido a mínima expresión , o único Concello da Mariña con solo dúas persoas contratadas. -Irresponsable é contratar un programa de xestión, gastado case 30.000 €, e o resto dos Concellos acóllense a un gratuíto ofrecido pola deputación. -Irresponsable é gastar 9.000 €, nunha auditoría enerxética, mentres o resto dos concellos se acollen ao plan da Deputación a custos gratis. -Irresponsable é gastar 129.000 € en festas no ano 2012, e tendo na partida 60.000 €.

Lo más visto