• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | El Gobierno Local responde las críticas de UNIFOZ sobre la falta de alumbrado en Villaronte

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O primeiro tenente de alcalde, Pedro Fernández Manín explicou que “como concelleiro do Medio Rural, que levo alumeado, chámame a atención que levaran 5 días sen luz no barrio de Vilaronte. Pode ser que sexa así, pero antes de sacalo no xornal calquera veciño que queira dar unha queixa pode facelo, pois a empresa e os teléfonos son os mesmos do mandato anterior. Nosoutros non tiñamos coñecemento ningún dese problema para poder arranxalo”. En canto ao estado dos camiños e das pistas dos montes, o concelleiro de Medio Rural comentou que “coa auga que caeu e a madeira que se sacou é imposible ter arranxados todos os camiños e se intentamos parar a corta de madeira, que é o único forte que temos na zona, penso que non sería viable”. E anunciou que “estamos preparando unha reunión cos madeiristas, coa cooperativa de produtores de madeira e con Ence, para acordar unha forma para poder arranxar os camiños, pois non é soamente pasarlles a parte de adiante da pala do autocargador, senón que hai que votarlles pedra e hai que rebachear de novo”. O primeiro tenente de alcalde focense rematou explicando que “por parte do goberno facemos todo o que temos na nosa man e gustaríame que cando fagan a crítica, que precisamente é moi boa sempre que sexa construtiva, se acorden tamén de que se non temos avisos das deficiencias no alumeado ou nunha estrada non podemos ir amañalos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar