FOZ | La feria de abril gastronómica llenará de sabor y color la hostelería focense del 19 al 20 de abril
cope.escope.es
Tiempo de lectura: 1'
Actualizado 26 may 2017
A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz organiza a Feira de abril gastronómica, evento que se vai desenvolver os días 19 e 20 deste mes, venres e sábado, en 16 establecementos de hostalería focenses. Os locais participantes nesta iniciativa de Acia Foz ofrecerán aos seus clientes unha ampla variedade de pinchos, tapas, aperitivos e racións elaborados con produtos típicos da gastronomía andaluza a prezos populares, “peixe frito e rebozado, gambas ou xamón, entre outras suxerencias”, explican desde Acia Foz. A Feira de abril gastronómica de Foz celebrarase nos seguintes establecementos: A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Express, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Hotel Resturante Leytón, Namarinos, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Lar y Restaurante Portochico. Esta cita terá lugar uns días antes da cea de conmemoración do 25 aniversario da creación da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz que terá lugar o vindeiro 25 de abril. Nesa xornada entregaranse os galardóns aos gañadores da ruta de tapas e ao día seguinte, o 26 de abril, sortearanse os premios entre aquelas persoas que fixeron a ruta dos viños. Ademais o 22 de abril presentarase a campaña As compras na túa vila teñen premio, que se desenvolverá desde esa xornada ata o 3 de maio. Dita campaña está organizada pola Federación Galega de Comercio e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz.
- item no encontrado