También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

FOZ | Fátima Coello, alumna de 2º del CM de Servicios del IES de Foz, irá a la final del Concurso Maestro Espreso Junior organizado por Illycaffé e La Spaziale.

A final terá lugar o 3 de maio en Barcelona, no Hotel Le Meridien e participan 24 alumnos españois e 6 portugueses. O concurso está dirixido aos alumnos/as dos ciclos de Hostelería de España e Portugal co obxectivo de difundir a cultura do café a través dunha formación teórica e unha proba práctica onde se elaboran dous espressos e dous cappuccinos no prazo de dez minutos. Para conseguir un bo resultado a alumna deberá demostrar as súas dotes e aptitudes, poñendo a punto a maquinaria e encontrando o punto de molienda do café, traballando coa dose necesaria para extraer nun tempo determinado o volume de café en taza correspondente ao perfecto espresso. Unha vez preparado deberá montar correctamente o leite para que teña unha textura axeitada. Moreno Fina, Director da Universitá del Caffé de Illy, Josean Alija, chef Estrela Michelín do Restaurante Nerua do Museo Guggenheim de Bilbao e Inés Rapazote, xornalista da revista portuguesa, Visao, formarán parte do xurado especial invitado. O premio consiste en tres becas de estudo de 2000, 1000 e 500 euros. O gañador obterá un curso de "Coffee Expert" de dous días na Universidade do Café de Trieste en Italia. O segundo clasificado disfrutará do mesmo curso na Universidade do Café de España en Barcelona. O instituto gañador recibirá unha máquina profesional de café de La Spaziale e o suministro de 60 kg de café Illy durante un ano. Dende o Departamento de Hostelería do IES de Foz desexámoslle moita sorte.

Lo más visto