También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Foz | Este viernes dará comienzo en la Biblioteca Pública "Os Contos de Outono"

Este venres dan comezo na Biblioteca Pública Municipal de Foz os Contos de Outono, segundo ven de anunciar a concelleira de Cultura, Silvia Blach. O 16 de outubro ás 18 horas os nenos e nenas a partir de catro anos poderán gozar de Os contos de Pablísimo, que presenta ¡Rás!, contos batracios: “Bico ou non bico a ra? Os sapos e as ras de hoxe en día xa non son coma antes. Unha divertida escolma de contos e cancións onde os batracios son os protagonistas”. ¡Rás! Contos Batracios é un espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e bonecos baseado en contos, fábulas, retahilas, contos de nunca rematar e cantinelas. Xa o 30 de outubro, tamén ás seis da tarde, e destinado a bebés de 0 a 3 anos Sherezade Bardají presentará Palabras confeitadas: “é un primeiro contacto coa palabra, coa oralidade, cos libros, a través dos sentidos, dos obxectos, das sombras. Pais, nais e bebés.... a viaxe é para todos. Poderemos atopar contos, sons, arrecendos, agarimos. Un espazo onde parar o tempo”. Estas actividades están organizadas pola Biblioteca Municipal a través do Programa Ler conta Moito da Consellería de Cultura. Xa nos vindeiros meses “continuaremos cos clásicos Concurso de Postais de Nadal, cuxa postal gañadora será a felicitación oficial do Concello de Foz e co Concurso de Poesía de Nadal en decembro coa participación dos colexios da vila”, explican desde a Biblioteca Publica Municipal.

Lo más visto