También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Foz | El Cenima acoge la exposición etnográfica "Días de Mar" que será inaugurada mañana viernes

A sala de exposicións do CENIMA, de Foz, acolle a mostra titulada Días de Mar, promovida polo Seminario de Estudos Terras de Viveiro e Concello focense. Será inaugurada mañá, venres, ás oito da tarde e estará aberta ao público ata o día 31 deste mes. A exposición é un conxunto de elementos etnográficos da cultura mariñana e inclúe: instrumentos e cartas de navegación, diferentes artes de pesca, unha homenaxe á muller traballadora con especial dedicación ás conserveiras, fotografías relacionadas coa actividade pesqueira, cadernos de bitácora e documentos relativos a singladuras marítimas. Os organizadores explican que obxectivo da mostra “é amosar, recordar, debater, remover o noso pasado mariñeiro, especialmente para as novas xeracións, cada vez máis afastadas do traballo no mar”. Esta exposición é froito da colaboración entre o Concello de Cervo, o Seminario Terras de Viveiro, a asociación Os Aventados e voluntarios de Alcoa.

Lo más visto