• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | Celebrarán la llegada del verano con una Fiesta Vintage los días 27 y 28 de junio, organiza el ACIA

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Foz ultima os detalles da primeira festa deste verán de 2014. Os días 27 e 28 de xuño celebrarase unha festa vintage, dedicada aos anos 20. Na cita non faltarán as tapas e os menús vintage, os locais participantes e as rúas estarán decoradas para a ocasión, haberá un mercado, música, promocións comerciais e outras actividades. José Carlos Paleo, o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, sinala que “quixemos organizar unha festa que marque o inicio do verán en Foz. E por iso pensamos en facer a festa vintage”. A directiva de ACIA Foz quere que a xente se implique, que se vista de época, dos anos 20, e que disfrute de todo o que vai atopar pola rúa eses dous días. Paleo manifesta que “o que queremos é que a xente o pase ben, que se animen a caracterizarse con roupa e peiteados deses anos, e que saian á rúa. Estamos a ultimar os detalles da festa, que presentaremos dentro duns días”. ACIA Foz agradece a colaboración dos grupos, comparsas e asociacións que están a colaborar na organización da festa

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar