También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

FOZ | A Casa da Roxa, A Maseira y las pastelerías Xoyma y Anduriña son los ganadores de la X Ruta das Tapas

Xa se coñecen os nomes dos locais gañadores da X Ruta das Tapas que se celebrou en Foz a pasada fin de semana. Un xurado profesional decidiu que as mellores tapas foron: en primeiro lugar A Casa da Roxa, o segundo posto foi para A Maseira, o terceiro para pastelería Xoyma e o cuarto posto foi para pastelería Anduriña. En total foron 22 os bares, mesóns e restaurantes os que se deron cita na X Ruta das Tapas que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autonómos de Foz. Centos de persoas se achegaron a degustar estas saborosas preparacións os días 29 e 30 de marzo, en plena semana santa. Os premios aos gañadores desta décima edición entregaranse no transcurso da cea do vinte cinco aniversario que se celebrará o vindeiro 25 de abril no restaurante Leyton.

Lo más visto