• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | Bautista Álvarez presentará su novela "Cuarto Minguante" el viernes a las 20:30 horas en la Librería Bahía de Foz

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o venres 13 de Marzo ás 20:30 na Libraría Bahia de Foz a presentación da novela “Cuarto Minguante” coa presenza do seu autor, Bautista Álvarez e o Presidente da entidade, Xoán Ramón Fernández Pacios. O acto que se enmarca no labor da asociación focega por achegar e animar a literatura e a lectura en galego, pretende tamén favorecer o diálogo entre o autor e o público como xeito de conformar un epistemoloxía máis completa do feito narrativo escapando das marxes do propio texto escrito. “Cuarto Minguante” é a primeira novela de Bautista Álvarez, autor dunha extensa obra no campo da ficción e da non ficción, parte da cal foi recollida recentemente en tres publicacións se ben a mesma data, nalgúns casos,  de mediados dos cincuenta cando se estrea como escritor formando parte do grupo “Brais Pinto”, canda Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Fernández Ferreiro ou Raimundo Patiño. “Cuarto Minguante”, unha obra que se enmarca na tradición narrativa que arranca de Castelao e continúa Anxel Fole, é unha viaxe ao mundo da última emigración galega á América e os inicios da emigración europea, pero tamén unha volta á Galiza da década dos 40, 50 e 60, unha Galiza que foi borrada como consecuencia da desaparición do mundo rural coñecido e coa que autor reflexiona desde o presente. Bautista Álvarez, preséntanos xa pasados os 80 anos a súa primeira novela, unha novela que representa o seu retorno á literatura despois de moitos anos. O escritor de Loucía deixou aparcada a súa actividade literaria para centrarse na súa actividade política, como fundador das primeiras organizacións nacionalistas na clandestinidade,como opositor ao franquismo que lle valeu a cadea en repetidas ocasións desde os anos 60, como dirixente da UPG e do BNG e tamén como parlamentario nacionalista desde a primeira lexislatura. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE