• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | El Ayuntamiento organiza unas jornadas de orientación laboral para desempleados, será en el Cenima los días 10, 11 y 12 de junio de 16:00 a 19:30 horas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Os interesados deben anotarse na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982.14.00.27. O prazo de inscrición remata o 9 de xuño. A orientadora laboral do Concello de Foz, Salomé Rodríguez Varela, explicou que “son unhas xornadas para dotar aos desempregados do noso concello de ferramentas para que fagan unha busca activa de emprego e de formación. É un servizo que se achega aos demandantes de emprego porque estamos detectando que hai xente que non sabe facer un currículo, non utilizan as ferramentas para buscar traballo activamente. Necesitan tamén un pouquiño de motivación para facer unha busca axeitada de emprego e que teñan éxito. Entón, xa que existe o servizo de Información e Orientación Laboral no Concello de Foz, vamos facer estas xornadas para dotalos destes recursos que lles permitan ter autonomía á hora de buscar emprego. Paréceme que é algo que hai que ter para buscar un posto de traballo ou un curso de formación. Hai que saber o que se vai buscar e definir o perfil”. Salomé Rodríguez engadiu que aos participantes nas xornadas “ímoslles axudar na busca activa de emprego, a facer un itinerario, marcarse un obxectivo profesional, … Porque buscar traballo é un traballo máis e se se fai dunha maneira axeitada conseguiremos o obxectivo que nos marcamos. O resultado pode ser positivo ou negativo. E cando sexa negativo preguntarémonos por que, en que erramos, que fixemos mal. E se é positivo xa veremos que a ferramenta que utilizamos foi a axeitada. Para iso estamos os técnicos de orientación, para axudarlles”. A orientadora laboral focense espera “que se apunte moita xente e que teñamos que facer unhas segundas xornadas. Pero o máis importante é que lle axudemos aos participantes a encontrar un posto de traballo ou un curso de formación que os acredite para traballar”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar