• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

FOZ | La ACIA está de aniversario, este juves 25 de abril celebrará 25 años con una mesa redonda y una cena conmemorativa

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A xornada conmemorativa arrincará ás 20:15 horas na Casa da Cultura de Foz. Alí os ex presidentes da ACIA local e o actual, Suso Fernández, Manuel Alberto Fraga e José Carlos Paleo, falarán do pasado, do presente e do futuro deste colectivo, lembrarán cómo foron os inicios, o traballo realizado por todos eles e os proxectos para os vindeiros meses. A este acto asistirá o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, e outras autoridades locais e comarcais. Ademais compañeiros doutras asociacións da zona arrouparán á ACIA focense nesta importante data. Para as 22 horas está prevista a cea polo 25 aniversario da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, que se desenvolverá no hotel restaurante Leytón. No acto entregaranse os premios os gañadores da X Ruta de Tapas que se celebrou a pasada semana santa. Recibirán os seus diplomas e agasallos: A Casa da Roxa, A Maseira e as pastelerías Xoyma e Anduriña. Esta é unha semana chea de actividades para a ACIA de Foz, xa que na xornada de onte daba comezo a campaña As compras na túa vila teñen premio, que se prolongará ata o vindeiro 3 maio, data na que se sortearán 2.000 euros en tarxetas regalo para gastar no comercio tradicional da vila, “algo que axudará a incentivar as compras do día da nai”, segundo explican desde a directiva da Asociación de Comerciantes. E o venres, 26 de abril, ás 12 da mañá en Radio Foz terá lugar o sorteo dos premios que se puxeron en xogo na II Ruta dos Viños que se celebrou durante os pasados meses de febreiro e marzo. Entre os clientes que selaron a tarxeta en tódolos locais participantes, que foron 29, sortearanse varios premios: o primeiro é de 300 euros en vales de compra e diploma de “Ruteiro Maior”, ao segundo corresponderanlle 150 euros en vales de compra e haberá 4 premios de 100 euros cada un en vales de compra para utilizar nos establecementos participantes.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar