• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Fonsagrada | Celso Dourado inauguró su exposición "Represaliados" en el museo etnográfico de Fonsagrada. La muestra consta de diez cuadros y estará abierta hasta finales de año.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O artista barreirense Celso Dourado, inaugurou a súa exposición Represaliados no Museo Etnográfico da Fonsagrada. A mostra consta de dez cadros que repasan a historia do Comandante Moreno e os doce homes que formaron parte do Batallón Galicia, que foron asasinados e enterrados no ano 1937, nunha fosa común do Acevo. Os seus corpos foron exhumados finalmente no ano 2007, un acto que serviu de inspiración a Celso Dourado para comezar a traballar na obra que agora presenta e que estará previsiblemente exposta no Museo Comarcal ata finais de ano. Os interesados poden ver esta mostra, situada na terceira planta do museo, en horario de 12 a 14 horas de martes a venres e de 12 a 14 horas e 17 a 19 horas os sábados e domingos. Nos actos que se desenvolveron o sábado na Fonsagrada, e que conduciu a xornalista e actriz Comba Campoy, estiveron Mini e Mero, Brais Monxardín e Xiana Arias.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar