• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

Fomento licitará en las próximas semanas la rehabilitación del firme de la N-642 con una inversión de 1,2 millones de euros

El secretario general de infraestructuras de la administración estatal, Manuel Niño González, estuvo en Foz para comprobar el estado de la carretera nacional 642 a su paso por la localidad. En la reunión con el alcalde, Javier Jorge Castiñeira, el secretario general anunció que el Ministerio de Fomento sacará a licitación la obra de rehabilitación de 9,2 kilómetros de la N-642

Fomento licitará en las próximas semanas la rehabilitación del firme de la N-642 con una inversión de 1,2 millones de euros

Fomento licitará en las próximas semanas la rehabilitación del firme de la N-642 con una inversión de 1,2 millones de euros

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

O rexedor municipal comentou que “dende o Concello de Foz agradecemos a súa presenza para abordar temas tan complexos como son o estado da Nacional 642 ao paso polo noso concello. Despois desta reunión congratulámonos de que efectivamente están sobre este asunto, pois está feito o proxecto de execución para a reparación do firme, que abarcará 9,2 quilómetros, divididos en tres tramos: dende o punto quilométrico 28,800, que está no núcleo de Mañente, ata o 36,500, en Fazouro; un segundo tramo próximo á variante de Burela; e outro tramo dende Burela ata Daián, xa no concello de Cervo. O groso destas obras vaise realizar no municipio de Foz. Estamos a falar dun investimento de 1.209.481,93 euros e o compromiso é que unha vez aprobada a obra, que xa o está, saia a licitación en próximas semanas no Boletín Oficial do Estado. E a partir de aí tratarase de contratar canto antes as obras”. Javier Castiñeira tamén explicou que na reunión cos responsables de Carreteras do Ministerio de Fomento “abordamos outro tema importante, que sería a solución definitiva para todos estes problemas coa Nacional 642, que é o tramo de autovía A-82 dende Barreiros ata San Cibrao, que é estatal e actualmente está resolto o trámite ambiental e tamén o período informativo, polo que soamente queda a realización do proxecto definitivo. Para isto hai un compromiso orzamentario neste ano e así nolo confirmou o secretario general de Infraestructuras, xa que nos presupostos xerais do Estado para 2015 hai unha partida para licitar o contrato e que se redacte o antes posible. E nas próximas anualidades xa haberá partidas orzamentarias para a construción dese tramo, sobre todo no que se refire ao municipio de Foz”. O alcalde focense rematou comentado que “o Ministerio ten boa vontade para reactivar isto en bo xeito e esperamos que, sobre todo o tramo máis urxente da Nacional 642, que é o de Mañente a Fazouro, estea rehabilitado antes do verán”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar