• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | El PP busca apoyos en el Parlamento Gallego

Fomento debe modernizar la normativa sobre tripulaciones mínimas en los buques de pesca

El portavoz de mar del grupo parlamentario popular, José Manuel Balseiro, ha registrado una iniciativa donde busca el apoyo del Parlamento para urgir al Ministerio de Fomento la modernización de la normativa vigente sobre tripulaciones mínimas en los barcos de pesca. Los populares coinciden con el sector en que la regulación está obsoleta y precisa de una adecuación a las necesidades actuales de la flota gallega.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O deputado popular coincide co sector en que os requisitos sobre tripulacións actuais están obsoletos e precisan dunha adecuación ás circunstancias tecnolóxicas e  ás necesidades actuais da flota galega, logo de case 50 anos de vixencia da Orde Ministerial que os regula. “Evidentemente moito ten cambiado a técnica naval e a práctica pesqueira no último medio século e polo tanto, manter vixente unha Orde Ministerial que data do 14 de xullo de 1964, está a provocar que no día a días nos portos galegos resulte un tarefa moi complicada completar as tripulacións mínimas necesarias para enrolarse nas embarcacións e poder saír a realizar as faenas de pesca”-explicou Balseiro O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular lembra que na actualidade a competencia para a modificación desta normativa corresponde ao Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral da Mariña Mercante. Indica tamén o acceso á responsabilidade de goberno do Partido Popular a nivel estatal, en coordinación coa experiencia acumulada na Xunta “ofrece unha nova oportunidade para impulsar a reforma da normativa vixente sobre tripulacións mínimas” e de feito xa hai constancia de que a Administración central está traballando neste camiño. Balseiro explica que xa fixo estas mesmas peticións fai tempo, pero daquela atopuse coa intransixencia de socialistas e nacionalistas cuxa posición espera teña mudado á xuizo das continuas reivindicacións do sector pesqueiro. HARMONIZACIÓN A NIVEL COMUNITARIO Jose Manuel Balseiro quere que se aproveite tamén esta oportunidade para abordar outras cuestións pendentes: “se foran poucos os obstáculos cos que se atopa a flota galega derivados do desfase da normativa estatal tamén no marco europeo resulta necesario avanzar na harmonización dos requisitos sobre tripulacións mínimas. En definitiva, cómpre evitar que os barcos galegos poidan verse  prexudicados como consecuencia da diversidade normativa que existe entre os países europeos e que esta disparidade de criterios provoque unha competencia desleal para a nosa flota”. No acordo os populares tamén demandan que se estude a posibilidade de establecer un marco legal común nas atribucións dos titulados náutico pesqueiros para todos os países de Europa e, ao mesmo tempo, homologable dentro da Organización Marítima Internacional. “Se ben é certo que calquera paso que poida darse neste ámbito esixe abrir un proceso de diálogo cos distintos interlocutores do sector, de cara a conciliar unha normativa que compatibilice os principios de seguridade e rendibilidade, tamén hai que recoñecer que este é un camiño que debe percorrerse sen máis demora para ofrecer solucións políticas que sirvan para superar as dificultades actuais”-conclúe Jose Manuel Balseiro  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2