• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | Ganan unos 300.000 metros cuadrados de edificabilidad

Fomento acepta bajar la línea de edificación en la margen derecha de la variante de 100 a 30 metros

El alcalde de Burela, José María González Barcia, señala que el informe emitido por el Ministerio de Fomento “favorable” sobre las tesis planteadas por el equipo de gobierno sobre el PGOM, es una buena noticia para el futuro del Ayuntamiento

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Dito informe acepta baixar a liña de edificación na zona de variante de Burela, na súa marxe dereita, dos 100 aos 30 metros. O alcalde, José María González Barcia, González Barcia asegura que “se trata dunha noticia moi importante, porque se libera unha superficie duns 300.000 metros cadrados sobre os que non se podía actuar”. O rexedor dixo que “o Ministerio de Fomento, a través da Dirección General de Carreteras del Estado, acaba de remitirnos ao Concello de Burela o informe preceptivo sobre o plan xeral de ordenación municipal. Ese informe é favorable ás teses que nosoutros prantexamos no PXOM, que foi aprobado de forma inicial a principios de marzo do ano pasado”. González Barcia subliñou que “este informe ten unha transcendencia especial porque acepta as teses do equipo de goberno actual, do equipo redactor do Concello de Burela, de baixar a liña de edificación, que actualmente en relación coa denominada variante de Burela se encontraba en 100 metros na súa marxe dereita, a que mira cara ao pobo, e queda rebaixada aproximadamente (porque pode haber pequenas oscilacións en función das zonas) a uns 30 metros”. O alcalde burelés explicou que “isto quere dicir que toda esta franxa de solo de 70 metros de ancho por aproximadamente 4.200 metros de largo, que son os que hai desde o linde con Foz ao linde con Cervo, pasan a ter a mesma condición urbanística que tiñan cando se aprobaron as normas subsidiarias de planeamento do ano 1988 e en todo caso pasarán a ter a cualificación urbanística que o plan xeral lles dea cando se aprobe definitivamente. Convén recordar que está aprobado inicialmente, aínda non se aprobou provisionalmente e, polo tanto, mentres o plan non entre en vigor son de aplicacións as normas subsidiarias de planeamento que existían antes en Cervo”. José María González Barcia indicou que “é unha noticia moi importante porque se libera unha amplísima superficie de aproximadamente uns 300.000 metros cadrados, que agora mesmo sobre eles non se podía actuar precisamente debido á imposibilidade que o Ministerio entendía en base á aplicación da lei de Carreteras do ano 1988 e que grazas a este informe emitido polo Ministerio de Fomento conseguimos recuperar. Isto é un paso importante tamén de cara á aprobación do propio plan xeral de ordenación municipal porque o informe da Dirección General de Carreteras é preceptivo, é dicir o Ministerio está obrigado a emitilo, e tamén é vinculante, o que quere dicir que é de obrigado cumprimento”. O alcalde tildou de noticia enormemente importante para o Concello de Burela, “agora mesmo ao mellor non somos conscientes da magnitude que ten este informe, pero seguramente que co paso dos anos nos vamos dar conta perfectamente da enorme importancia positiva que ten para o concello de Burela a emisión deste informe por parte do Ministerio”. O equipo de goberno segue traballando no PXOM, “agora mesmo seguimos en conversas coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Xunta de Galicia de cara á tramitación do plan. E seguimos mantendo a perspectiva de que ao longo do mes de febreiro se pode enviar á Xunta de Galicia o plan para a elaboración da correspondente memoria ambiental”. González Barcia lembrou que “todos os informes que temos no noso poder son favorables”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar