• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

La 1ª Fiesta del Chicharrón llegará a Foz este fin de semana

En el acto de presentación el alcalde, Javier Castiñeira, destacó la importancia histórica de este pescado en la villa focense, donde todavía hay cuatro embarcaciones que se dedican a esta pesquería. La fiesta esta organizada entre ayuntamiento y asociación de comerciantes, el precio de la ración es de 3 €, el pan y el vino 1,50 €.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

No acto de presentación participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Medio Rural e Mar, Pedro Fernández Manín; e o presidente da asociación de comerciantes, industriais e autónomos (Acia) de Foz, José Carlos Paleo.  O rexedor municipal explicou que a primeira Festa do Chicharrón de Foz “celebrarase os días 10 e 11 de maio, o próximo fin de semana, para facer unha exaltación deste produto tan importante para Foz e tan identificado coa nosa vila, que historicamente foi un dos portos mariñeiros con máis tradición na pesca do cerco, de feito aínda temos catro cerqueiros da nosa localidade que se dedican á pesca desta especie: xurelo, chincho ou chicharro, como nos gusta chamarlle aquí. Cremos que este produto é idóneo para exaltalo na nosa vila, porque dende sempre este porto foi identificativo da pesca deste peixe, a día hoxe séguese capturando e de feito temos unha industria, quizais a máis grande de Foz, de transformación e conxelado deste produto”. Javier Castiñeira destacou que este evento lévase a cabo “en colaboración coa Acia e financiado polo Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal e pola Xunta de Galicia e en colaboración tamén coa confraría de pescadores de Foz, co IES de Foz, que nos axudou a facer unha serie de receitas, e ademais en colaboración directa co Concello de Quiroga, pois vamos facer unha especie de irmandamento entre a 14ª Feira do Aceite de Quiroga e a 1ª Festa do Chicharro de Foz para tratar de unir o interior de Lugo e A Mariña en dúas festas gastronómicas identificativas da nosa provincia”. Programa O día 10 de maio á unha da tarde empezará a degustación nunha carpa que se vai habilitar no Campo da Cabana, barrio tradicional de pescadores e de armadores onde hai unha vinculación importante con este peixe. Empezará coa actuación do grupo folclórico A Subela e despois abriranse as casetas, nas que se poderán degustar tres formas de facer o chicharro típicas na nosa vila: chicharro lañado de Foz con rustrido de aceite virxe extra de Quiroga, que é unha das receitas que ten a ligazón precisamente con Quiroga; chicharro lañado á brasa con cachelos cocidos e chicharro en empanada. Encargarase de facelos o restaurante A Soalta e durante todo o día poderanse degustar eses pratos. Ás sete e media da tarde seguiremos con música a cargo da Rondalla Latexos e ás once da noite empezará a verbena O domingo, 11 de maio, ás 12 e media haberá unha recepción na Casa Consistorial á corporación municipal de Quiroga, con esa especie de irmandamento entre as dúas festas, e á unha presentaremos a XIV Feira do Aceite de Quiroga para A Mariña e abriranse de novo as casetas da degustación de chicharro. Á unha e media haberá animación co grupo folclórico O Feitizo e cando se rematen as existencias dos pratos elaborados con chicharro cerraranse as casetas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Reproducir
Directo Fin de Semana

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Escuchar