• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Feijóo confirmó la aplicación del decreto de gestión integrada para la provincia de Lugo

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior al consejo de gobierno, dejó claro que los hospitales de Monforte, Burela y Lugo deben funcionar de forma integrada e insiste en que esta coordinación conjunta no es una discriminación para el Hospital da Costa. El gobierno provincial denuncia que  Feijóo desmantela los Hospitales de Burela y Monforte tras 4 años y 100 días “mintiendo a los lucenses” José Ínsua, director del Hospital da Costa, se marcha “dimite” cuando se publique el decreto y pasará al servicio de urgencias. La Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública en la Mariña califica el anuncio del presidente de “traición a la comarca” y hace un llamamiento a la población para “plantar cara a esta medida que supondrá la muerte de los servicios sanitarios públicos en la Mariña” Feijóo traiciona los anuncios del 2010 y los compromisos de la anterior conselleira cuando garantizó en un pleno del Parlamento la autonomía de gestión sanitaria para la Mariña El presidente anunció que en el consejo de gobierno del jueves, tal y como dijo en el congreso del PP, se licitará la elaboración del proyecto de construcción para la ampliación del Hospital. La Junta de Personal del Hospital da Costa lleva más de tres años alertando de que esto iba a suceder

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 5'Actualizado 26 may 2017

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avaliou hoxe o resultado das “austericidas” políticas de Feijóo en Lugo cando está a piques de cumprir 4 anos e 100 de días á fronte do Goberno galego, denunciando que “só de dedicou a mentir ós lucenses. Agora desmantela os Hospitais da Costa e de Monforte coa creación dunha Área Sanitaria de Xestión Integrada en Lugo, que prometera non facer no 2009, ignorando a opinión de profesionais,  compañeiros de partido ou miles de cidadáns que saíron, e obrigando ós 120.000 usuarios destas instalacións a desprazarse máis 100 quilómetros ata a capital luguesa para contar con diferentes especialidades sanitarias. Pero non con todas. Os lucenses non temos Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia, Medicina Nuclear ou Cirurxía Pediátrica porque Feijóo prefire que nos desprazemos a outras provinciais galegas, poñendo en risco a nosa saúde e facendo que para os lucenses a sanidade sexa máis custosa e menos universal”. Martínez engadiu que “os resultados das austéricas políticas de Feijóo supuxo que os  lucenses gastemos 500.000 euros ó mes co repago das menciñas, cartos que se ingresan nas arcas autonómicas. Nembargantes, non contamos co financiamento da Xunta para servizos sociais e políticas activas de emprego como os restantes galegos porque, para isto si, Feijóo trata os lucenses como cidadáns de segunda”. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña cualificou de “alta traizón” o anuncio do Pte. Feijoo após o Consello da Xunta de onte de que A Mariña e Monforte pasarían a depender de Lugo unha vez de aplique o Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial. Para a Plataforma este anuncio choca de fronte cos anuncios realizados por Feijoo o 4 de outubro de 2010 en Lourenzá sobre a total autonomía de xestión do Hospital da Costa e tamén van no camiño contrario aos compromisos da anterior Conselleira de Sanidade que declarou no Parlamento Galego en dúas ocasións “a total “autonomía da Mariña en recursos humanos, infraestruturas e  prestacións de servizos da área sanitaria, dos Hospital da Costa e dos centros de saúde”. A Plataforma fai un chamamento a organizacións empresariais e de comerciantes, asociacións veciñais, forzas políticas e sindicais, aos alcaldes de todo signo político e ao conxunto da sociedade mariñá a plantar cara a esta medida que suporá a morte dos servizos sanitarios públicos da Mariña. FEIJOO CONDENA A MORTE A PRESTACIÓN DE SERVIZOS SANITARIOS PÚBLICOS EN ATENCIÓN PRIMARIA E ESPECIALIZADA NA ÁREA NORTE DE SAÚDE. O anuncio de Feijoo é unha traizón aos intereses da comarca xa que coa aplicación do Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial “as decisións sobre recursos humanos, prestación de servizos e infraestruturas no hospital da Costa e centros de saúde da área sanitaria norte pasarían a depender das decisións dunha xerente provincial”. Para a Plataforma este anuncio supón “o principio do fin e a morte por inanición do Hospital da Costa e de calquera esperanza de mellora na prestacións de servizos deste centro hospitalario e dos centros de saúde asociados” do que dependen mais de 70.000 persoas e un número moi elevado en determinadas épocas do ano. Unha área de xestión integrada de ámbito provincial a xuízo da Plataforma terá as consecuencias: a) Unha xerencia situada en Lugo, pola súa distancia, sería unha gran descoñecedora dos problemas que xurdisen nos centros da área da Costa. b) Unha xerencia situada en Lugo sería a morte de investimentos tanto no propio Hospital como nos Centros de Saúde da Costa. c) Unha xerencia única situada en Lugo significaría o peche de servizos e a perda de especialidades, obrigando aos usuarios da Mariña a desprazarse a Lugo. d) Unha xerencia única situada en Lugo leva incluída a mobilidade do persoal sanitario, pois ao pechar servizos, sobrarían profesionais.  d) Unha xerencia única situada en Lugo e diante da escaseza de certos especialistas, implicaría desprazamentos constantes de poboación da Costa á capital, o que levaría consigo unha perda de calidade de asistencial e de vida, ademais de teren que asumir gastos de desprazamento, e incluso de hospedaxe, (volveriamos pasar por situacións que sucedían fai 27 anos e non queremos repetir) CO DECRETO AÍNDA SEN APROBAR É O MOMENTO DE QUE A SOCIEDADE MARIÑÁ REACCIONE CON CONTUNDENCIA CONTRA ESTA MEDIDA. A Plataforma fai un chamamento a organizacións empresariais e de comerciantes, asociacións veciñais, forzas políticas e sindicais, aos alcaldes de todo signo político e ao conxunto da sociedade mariñá a plantar cara a esta medida que suporá a morte dos servizos sanitarios públicos da Mariña. De igual maneira que a sociedade mariñá reclamou unida a existencia dun hospital como que hoxe temos, debería reaccionar agora diante deste anuncio, “pendente da publicación do Decreto, non queda moito tempo para reaccionar polo que toda a sociedade mariñá debería estar unida para evitar o que tanto profesionais da sanidade como boa parte da comarca xa cualifican como a morte por inanición do Hospital da Costa e os seus centros de saúde asociados”. A Plataforma pide posicionamentos públicos claros e contundentes na defensa dun decreto de xestión integrada propio para A Mariña, non é tempo de agardar acontecementos nin de poñerse de canto, non defender o que temos sería traizoar os intereses desta comarca e quen non o faga non debería ser perdoado. Logo de 4 anos de mentiras, o Hospital da Costa perde a súa autonomía e pasa a depender de Lugo Queremos deixar ben claro que o motivo da Concentración-Cacerolada do sábado día 2 de marzo non foi a petición de ampliación do Hospital da Costa.  Iso xa nolo prometeron  tantas veces, que xa non o cremos, porque levan mais de catro anos dicindo o mesmo, pero o de agora, xa colma o vaso, agora din que van ampliar o Hospital con 50.000 € e estas declaracións so podemos velas como un insulto á intelixencia. MENTIRAS E MAIS MENTIRAS. O que si nos cremos, son as declaracións que hoxe fai Nuñez Feirjoo de que van publicar un Decreto provincial que significa a morte do noso Hospital. O Órgano de máxima representación das traballadoras e traballadores da Sanidade da Mariña, adheriuse á convocatoria de SOS da Mariña,  na defensa  dunha autonomía e unha capacidade de xestión  propia para a Sanidade da nosa Comarca, para que sigamos recibindo orzamentos como viñamos recibindo ata o de agora e poidamos dese xeito,  manter os servizos e as especialidades que dan vida a este Centro. Señores dirixentes do PP, o que diciamos o sábado é que non queremos pasar a depender de Lugo, que non queremos perder especialidades, que non queremos que os/as Mariñáns teñan que desprazarse 100 Km para acudir ao médico especialista, que non queremos que nos pechen  servizos como prematuros ou diálise, porque señores dirixentes do PP, estes servizos os pagan os e as Mariñans e,  é por iso, que son deles, porque señores do PP, este hospital non  é seu e non imos permitir que o desmantelen. O xoves 28 de febreiro, o Xerente do Hospital  José Insua , vinculado politicamente ao PP, defendeu unha Xerencia propia da Mariña que xestionase tanto o Hospital como os Centros de Saúde. Explicaba que de non ser así, as decisións tomaríanse en Lugo, podendo desprazar aos profesionais, e  os pacientes,  terían que ir obrigatoriamente operarse a Lugo e dixo “ quedarán marcados os que non defendan a área única da Mariña”. Señor Alcalde de Burela, esta Xunta de Persoal está  dacordo coas declaracións feitas  polo Xerente porque sabe ben do que fala, coñece perfectamente o Hospital e o significado de depender de Lugo, mentres que,  as declaracións que fai vostede, carecen de toda credibilidade, porque non sabe do que fala,  e só repite o que lle mandan, sacrificando o  futuro sanitario dos seus veciños e veciñas,  para defender o único que lle importa,  o seu posto político.  Fai mais de 3 anos que esta Xunta de Persoal ven alertando de que isto ia suceder, que a pretensión de goberno de Núñez Feijoo non era outra que a destrución do modelo sanitario que construímos na Mariña. Chamarannos alarmistas, incendiarios e incluso mentirans, pero o  tempo danos a razón e  certifica que os únicos que MENTIAN descaradamente, son eles, os dirixentes políticos do goberno do PP. Señores dirixentes do PP, ESIXIMOS que rectifiquen, porque a única declaración que queremos escoitar por parte de vostedes é que van publicar un Decreto de Área propio para a Mariña, do contrario, quedarán MARCADOS.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar