También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo |

"Extremadamente dura" para el BNG, "demasiado drástica" para Villares, la propuesta de la dirección de Sargadelos

La propuesta presentada por la dirección de Cerámicas Sargadelos es dramática y carga una vez más sobre el cuadro de personal la factura de la mala situación de la empresa. La dirección propone prescindir de 41 personas de las 89 que tiene en la planta de Cervo y de 27 de las 84 en Sada. Los nacionalistas dicen que la dirección olvida que el capital humano de Sargadelos es uno de los valores más importantes del proyecto empresarial fundado por Isaac Días Pardo y Luís Seoane. Para Alfonso Villares, alcalde de Cervo, la solución es “demasiado drásticas” y pide a la dirección de la empresa que reconsidere la postura.

O BNG de Cervo cualificou de “extremadamente dura” a proposta da dirección de Cerámicas de Sargadelos de prescindir de 41 persoas de 89 na planta de Cervo e 27 de 84 da de Sada, nunha decisión que opta por prescindir do fondo cultural e o capital humano como valores mais importantes do proxecto fundado por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo. Os nacionalistas ofrecen todo o seu apoio e solidariedade ao cadro de persoal de Sargadelos e pregúntanse si despois de tres anos de EREs encadeados cuxas facturas pagaron exclusivamente as traballadoras e traballadores de Cervo non haberá algunha factura da que sexan responsábeis os actuais e anteriores xestores do grupo. O BNG criticou a decisión da dirección de Cerámicas de Sargadelos e O Castro de prescindir de 41 das 89 persoas que forman parte do cadro de persoal da planta de Cervo, ao considerala “desproporcionada e inxusta” coas traballadoras e traballadores da cerámica que “sufriron varios EREs encadeados dende 2010 facéndolles perder postos de traballo, prestacións económicas e cotizacións sociais”, nuns durísimos esforzos para salvar a empresa que semella, “non viñeron acompañados dunha xestión empresarial eficaz e coherente coas esixencias impostas ao cadro de persoal.” Os nacionalistas cervenses ofreceron todo o seu apoio e solidariedade ao cadro de persoal de Sargadelos, como xa o fixeron con anterioridade, animando a que defendan os seus dereitos coa mesma contundencia coa que @s trata a patronal. Dende o Bloque Nacionalista Galego poñen en cuestión aos actuais e anteriores xestores do grupo cerámico de quen descoñecen “cal é a súa estratexia empresarial,  á vista das circunstancias están prescindindo do fondo cultural e do capital humano que foron ate agora o principal valor deste proxecto empresarial e cultural. Por último pregúntanse si o millón de euros ofrecido pola Consellaría de Economía en 2010 – 400.000 a fondo perdido e 600.000 nun crédito do IGAPE – “chegaron no tempo e na forma en que se prometeron” e en todo caso constatan que “ou non foron ben aplicadas ou non serviron para os fins previstos” e sobre isto tanto a Xunta como a empresa deberían dar explicacións pormenorizadas.