• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | Se celebrará del 23 al 26 de mayo

Expomar ultima la XV Feria Naútico Pesquera

La Fundación Expomar, organizadora del evento, se ha reunido para ultimar detalles de uan feria náuitco pesquera que este año llega a su XV edición y para la que ya tienen vendido el 85% de los espacios.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Si na pasada edición, celebrada en 2011, estiveron presentes en Burela máis de 70 expositores representando a 300 marcas, “este ano agardamos repetir esas cifras. Nestes momentos xa están vendidos o 85% dos espazos destinados a este fin e agora estamos en contactos e pendentes de resposta dunhas poucas firmas. A Feira Expomar está xa moi definida”, segundo explica o alcalde, José Mª González Barcia, e presidente da Fundación Expomar. Nas vindeiras semanas rematarán tamén de perfilarse os nomes dos ponentes que acudirán ás XX Xornadas Técnicas, “neso estamos a traballar ao igual que no XIV Encontro Empresarial”, engaden desde o comité organizador e lembran que “se trata do maior encontro empresarial que se celebra en toda España, xa que acuden de todo o litoral norte (Galicia, Asturias, Euskadi) e tamén doutros puntos da xeografía nacional, que ás veces representados por Cepesca”. A Feira Náutico Pesqueira Expomar “é un evento de pequeno formato, que está á altura ou se pode comparar con outras citas de maior tamaño. Así o amosa o prestixio acadado ao longo dos anos en todo o país. Somos unha referencia e estamos moi orgullosos por elo”, segue a relatar González Barcia. Forman parte do comité organizador da Feira Náutico Pesqueira Expomar: o Concello de Burela, a confraría de pescadores, Absa, OPP 7, a xefatura territorial de Pesca e a Capitanía Marítima de Burela.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar