• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo | El PP con Rivera y el PSOE con Castiñeiras

El PP exige de la Diputación "deje de discriminar a Foz" excluido de las subvenciones nominativas para el 2013

Los populares reclaman en la Diputación Provincial que se garantice la colaboración económica periódica con la cofradía de pescadores. Dicen que, gracias a una moción presentada en agosto, el ente provicial subvenciona por primera vez en el 2012 a la cofradía focense. Subvención de 3.000 euros que, a día de hoy, todavía no han hecho efectivo el pago.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Grupo Provincial Popular rexistrou para o próximo debate plenario unha moción na que lle reclama ao Señor Gómez Besteiro que garanta a colaboración económica periódica coa confraría de Foz, tal e como fai co resto das confrarías lucenses, aos que lles concede unha subvención nominativa para gastos de funcionamento. A voceira do GPP na Deputación, Elena Candia, xunto co deputado autonómico, Jesús Novo, mantivo unha xuntanza para tratar este tema con membros do goberno local e co patrón da confraría de Foz. A popular lembra que na anualidade 2012, o Organismo provincial concedeu, por primeira vez, unha subvención nominativa á agrupación de mariscadores e pesqueiros de Foz, tras unha moción rexistrada polos populares o pasado mes de agosto. Desta maneira, o Grupo Provincial Popular logrou poñer fin, na anualidade 2012, a unha situación de discriminación na que viña incorrendo o goberno da Deputación coa confraría de Foz. Sen embargo, Elena Candia explica que da simple análise dos orzamentos da Deputación de Lugo para o ano 2013 obsérvase que, de novo, a listaxe de subvencións nominativas non inclúe unha partida destinada a actividade de funcionamento da confraría de Foz, polo que critica que a Deputación de Lugo continúe sen garantir a colaboración coa citada agrupación.   Co obxecto de corrixir esta discriminación e garantir o apoio á confraría e aos profesionais do mar e marisqueo que desenvolven a súa actividade no territorio de concesión, o PP instará no próximo pleno a Deputación lucense a que garanta,  a través da fórmula que estime máis acaída e en pé a igualdade co resto das confrarías lucenses, a colaboración e apoio económico á confraría de pescadores de Foz, tanto durante o 2013 como en sucesivas anualidades. Así mesmo, durante o pleno os populares instarán á Gómez Besteiro a que faga efectivo o pagamento con carácter de urxencia á Confraría de pescadores de Foz da subvención da que foi beneficiaria durante 2012, tras a iniciativa popular, sendo a única confraría a que non se lle pagou a correspondente axuda económica. Falta de colaboración coas confrarías Elena Candia lembra que o Grupo Popular levou en setembro unha moción a pleno na que solicitaba unha maior colaboración da Deputación Provincial coas confrarías lucenses e trasladaba así as demandas do sector, que reclamaban unha maior implicación do organismo provincial. A popular lamenta que esta actitude do bipartito provincial continúe durante 2013, xa que ademais de seguir sen incluír a Foz entre as confrarías concesionarias de subvencións nominativas, a contía económica recollida nos orzamentos desta anualidade e destinada a gastos de funcionamento das confrarías lucenses continúa a ser a mesma. A Voceira do GPP na Deputación considera moi escasa a cantidade de 18.000 euros que recollen estas partidas, tendo en conta a relevancia do sector pesqueiro na provincia, de feito, puntualiza a popular, estase a falar dunha actividade estratéxica nos concellos costeiros de Lugo.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar