• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros |

Este verano nn las playas barreirenses aplicarán unas normas de convivencia, su incumplimiento tendrá la correspondiente sanción económica

La ordenanza reguladora de utilización de las playas irá al pleno del miércoles 12 de  junio. Según el alcalde, Alfonso Fuente, no van a cobrar por acceder a la playa pero si van a regular las zonas de utilización, prohibir animales o vehículos a motor. También someterá a la aprobación del pleno la ordenanza reguladora de funcionamiento del gimnasio municipal.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Barreiros será o primeiro concello da Mariña no que se aplique unha normativa deste tipo. O alcalde, Alfonso Fuente, sinalou que “na sesión plenaria da vindeira semana someteramos a aprobación dúas ordenanzas. Unha sobre o uso e funcionamento do ximnasio municipal e outra sobre o uso das praias no noso concello. Esta é a máis novidosa por ser a primeira deste tipo que se aplica na Mariña lucense”. O rexedor dixo que “ninguén se asuste porque isto non quere dicir que se vaia cobrar por acceder ás praias, pero o que si vai facer é regular as zonas de uso, as que marcan claramente a imposibilidade de baixar con animais aos areais, e tamén nos servirá para que os socorristas teñan capacidade sancionadora, cando lle fan unha indicación a alguén na praia si non se atenden ditas recomendacións de quen está coidando e vixiando os areais, eles terán esa capacidade”.  Fuente Parga explicaba esta mañá que “a ordenanza tamén marca as distintas zonas que hai nunha praia e recolle a imposibilidade de acceder á area con vehículos a motor. Todas estas cousas xa se saben, pero cando alguén as incumpría e os socorristas chamaban á Garda Civil, eles nos indicaban que desde o Concello deberíamos ter unha ordenanza para que puidesen emitir esa sanción a quen incumpre”. O alcalde barreirense manifestou que “se regulará o uso da praia para a práctica de actividades deportivas. Non se impide, pero se regula. Non poderán estar a menos de 6 metros da outra xente que está a facer outro uso distinto do areal. O que fai é marcar esa boa convivencia que ten que haber entre uns e outros. Tamén regula que non se poden deixar abandonadas na as táboas de surf ou as velas de kite surf, todo este material hai que recollelo para que non xurdan perigos. Había xente que se queixaba de todas estas cousas”. Alfonso Fuente indicou que “o que queremos é que todo o mundo poida disfrutar e compartir un espazo que é de todos. Queremos que se faga da mellor forma posible”. O rexedor manterá xuntanzas nos vindeiros días cos responsables das asociacións de surf e de kite surf para explicarlles esta ordenanza que regulará o uso das praias barreirenses. Fuente Parga advirte aos usuarios dos areais que “aquel que incumpra a normativa de xeito reiterado será sancionado”. Consideraranse infraccións moi graves, entre outras: o vertido ou depósito de materiais que poidan producir contaminación ou risco de accidente, a circulación de embarcacións non autorizadas a unha distancia inferior a 200 metros da costa ou causar calquera tipo de impacto negativo sobre a fauna e a flora das praias. Serán infraccións graves: proceder ao baño nas zonas de bandeira vermella, a tenencia de animais potencialmente perigosos nas praias ou non acatar as instrucións do persoal de salvamento cando fosen debidamente requeridos para elo. E serán infraccións leves: a tenencia de animais nas praias, a venda ambulante de produtos non alimenticios, a evacuación fisiolóxica no mar ou causar molestias a outros usuarios. As sancións das infraccións leves poderán ir dos 60 aos 300 euros, as multas das infraccións graves oscilarán entre os 301 e os 1.500 euros e as sancións por cometer infraccións moi graves irán dos 1.501 aos 3.000 euros.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar