• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ciclismo

15 equipos tomarán parte en la Vuelta a las Comarcas de Lugo del 30 de mayo al 1 de junio

La VII Vuelta Ciclista a las Comarcas de Lugo se inicia mañana viernes con la etapa Lourenzá-Lourenzá. La salida será a las 14:00 horas para realizar un recorrido de 139 kilómetros por las carreteras mariñanas, con metas volantes en Alfoz y Barreiros, mientras los sprints especiales están en San Ciprián y Ribadeo.

Presentación en la Diputación de la Volta Ciclista a Lugo

Presentación en la Diputación de la Volta Ciclista a Lugo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, participou na presentación da VII Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, que organiza a Deputación en colaboración co Club Ciclista Cidade de Lugo. Esta cita co ciclismo celebrarase esta fin de semana, en tres etapas, e contará coa participación de 15 equipos procedentes de distintos puntos do Estado. O venres, día 30, disputarase a primeira das etapas, a da comarca de A Mariña, con saída e chegada en Lourenzá. Comezará ás 14:00 horas e terá un percorrido de 138,7 quilómetros, con metas voantes en Alfoz e Barreiros e sprints especiais en San Cibrao e Ribadeo. O sábado, día 31, terá lugar a segunda etapa, que se desenvolve na comarca de Lugo, con saída e chegada na capital. Comezará ás 10:20 horas, e terá un percorrido de 142,2 quilómetros, con metas voantes en Castro de Ribeiras de Lea e Outeiro de Rei, e con sprints especiais en Rábade e Begonte. O domingo, 1 de xuño, a partir das 10:15 horas, disputarase a terceira e última etapa, na comarca sur, con saída e chegada en Pobra de Prollón e con 140 quilómetros de traxecto. Neste caso as metas voantes serán en Quiroga, Seoane do Caurel e O Incio; e os sprints especiais en Folgoso do Caurel e Triacastela. Dos 15 equipos participantes, sete son galegos: Supermercados Froiz, Cambre-Renautl Caeiro, Rías Baixas, Spol-Porriño, Vigués-Autronic, Padronés-Aluminios Cortizo e Lola-Lola Gomistar. Completan o pelotón Mutua Levante-Delikia, Atika-Safirfruits e Gsport-Valencia Terra i Mar, da Comunidade Valenciana; Construcciones Paulino-Oviedo e Ciudad Oviedo-Tartiere Auto, de Asturias; Gomur-Cantabria Deporte,  Keith-Mobel Murcia e Control Pack, este último de Cataluña. Antonio Veiga afirmou que “estamos ante unha proba que totalmente asentada no panorama nacional do ciclismo e cada vez con máis peso no conxunto de probas do Estado español, nunha época na que competicións deste tipo están claramente en recesión debido ao mal momento económico que atravesa o deporte en xeral e o ciclismo en particular”.  Así mesmo, o vicepresidente da Deputación fixo fincapé en que “un dos obxectivos da área de Deportes desta entidade é o de fomentar a práctica do deporte, sexa cal sexa a súa disciplina, en todas e cada unha das comarcas lucenses. Por iso seguimos traballando para descentralizar a práctica e a organización de determinados eventos deportivos, un feito que suporá un forte impulso socioeconómico para as zonas nas se poñan en marcha este tipo de iniciativas”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar