• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

El equipo de gobierno prepara los presupuestos municipales para el 2014

El concejal de economía, José Casas, ha adelantado que no experimentarán grandes cambios con respecto a los de este año y el objetivo es aprobarlos en noviembre para su entrada en vigor en Enero

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Segundo explicou o edil popular “as previsións que estamos manexando en canto a prazos evidentemente pasan por aprobar os orzamentos no pleno ordinario do mes de novembro ou ben, se non fose posible, facer unha sesión extraordinaria un pouco máis adiante. Pero en todo caso será para que os orzamentos entren en vigor o día 1 de xaneiro, porque, como é sabido, despois teñen que estar expostos ao público durante 15 días e os prazos hai que cumprilos. As previsións son que podemos telos pechados a mediados de novembro”. Sobre as cifras José Casas dixo que “non vai haber grandes variacións respecto aos orzamentos deste ano, polo menos aos que se aprobaron inicialmente porque despois houbo incrementos en función das subvencións que fomos recibindo. Pode haber un aumento moi pequeno en relación cos deste ano, en torno ao 1 por cento aproximadamente. Iso pode significar un incremento no orzamento de ingresos de entre 80.000 e 90.000 euros. Pero tamén se aumenta o capítulo de gastos, porque temos que facer fronte á suba de prezos das distintas subministracións que temos, que todas se encareceron un pouco e polo tanto ese aumento dos ingresos vai ser compensado polo incremento dos gastos”. O concelleiro de Economía subliñou que “nos orzamentos de 2014 de Burela haberá un factor determinante. Con motivo das célebres facturas por importe dun 1.300.000 euros, que o bipartito deixou pendentes de pagar e sen consignación presupostaria, o noso equipo de goberno viuse na obriga de pedir un crédito no segundo trimestre do pasado ano. Durante 2012 e 2013 solo estivemos abonando intereses, pero o vindeiro ano xa temos que empezar a amortizar capital. A maiores dos intereses teremos que pagar 60.000 euros”. Para José Casas trátase “dunha cifra moi importante que nos vai restar capacidade de manobra. A nós tócanos pagar agora a herdanza do bipartito”. Casas sinalou que “pouco a pouco cada delegación municipal irá marcando as súas pautas e máis adiante, dentro duns días, teremos unha segunda reunión do equipo de goberno para concretar datos: ver que actuacións se van levar a cabo e con que diñeiro contamos realmente. Agora mesmo cada concelleiro delegado está recompilando datos o feito e o que lle queda por facer neste ano, do diñeiro co que contou neste exercicio e ver se as previsións que ten para o próximo se axustan a esa cantidade, porque non vai haber un grande incremento con respecto a este ano 2013”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar